O cartel desta nova edición reunirá nomes do panorama internacional da talla de Iron Maiden, Marilyn Manson, Limp Bizkit, Anthrax, A Day To Remember, Trivium ou Sabaton

presentacion de los colaboradores , patrocinadores en el resurrection fest de viveiro
Lugo, 29 de xuño de 2026. A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, xunto aos responsables do festival, Iván e David Méndez, e o resto de colaboradores, asistiu este luns en Viveiro á presentación e visita ao recinto do Resurrection Fest Estrella Galicia, que arrinca este mércores e se prolongará ata o sábado. A institución provincial renova o seu patrocinio cunha achega de 150.000 euros, consolidando unha colaboración que se mantén desde os inicios do evento. “Levamos máis de 20 anos convertendo a Viveiro na capital da música hardcore en Europa”, afirmou López.
A Presidenta felicitou aos organizadores pola traxectoria do festival e pola súa capacidade de transformación do territorio, destacando o crecemento sostido dun evento que “naceu do soño dun grupo de mozos e que hoxe é un referente para as principais bandas internacionais”. Subliñou tamén o impacto económico e de proxección exterior que o Resurrection Fest supón para a provincia, especialmente para sectores como a hostalería, o comercio e os servizos. Enmarcou o apoio da Deputación nunha estratexia de turismo sostible e de experiencias que dinamiza a Mariña e sitúa Lugo como un destino conectado coas novas xeracións. Ademais, lembrou a figura do alcalde viveirense Melchor Roel, “clave na orixe deste proxecto que hoxe sitúa a Viveiro no mapa internacional da música”.
Paralelamente, o comisario do Xacobeo 2027, Marcos Gómez Román, e o delegado territorial da Xunta en Lugo, Alfonso Villares, visitaron o recinto para comprobar os traballos de montaxe dunha cita que volverá converter Viveiro e a Mariña nun dos grandes epicentros musicais do continente. Gómez Román destacou que o Resurrection Fest “exemplifica á perfección o papel dos Concertos do Xacobeo como ferramenta para posicionar Galicia nos grandes circuítos internacionais da música en directo”, subliñando que esta marca permite apoiar eventos que atraen visitantes de todo o mundo, xeran riqueza e reforzan a imaxe de Galicia como destino cultural moderno e de calidade.
Mariña Gueimunde, alcaldesa de Viveiro, destacou a importancia da cita para a comarca: «O Resurrection Fest é unha iniciativa de enorme relevancia para Viveiro e para toda A Mariña. Ademais da súa proxección exterior, deixa actividade económica, crea emprego e implica a moitas persoas e negocios do noso territorio».
Gueimunde puxo tamén en valor a colaboración entre a organización, as administracións e os servizos municipais para preparar unha edición que recibirá milleiros de asistentes. «O Concello seguirá traballando para que Viveiro estea preparado e para compatibilizar o desenvolvemento do festival coa atención á veciñanza», explicou.
Un cartel de dimensión internacional
A mellor música de alta intensidade volverá soar en Galicia do 1 ao 4 de xullo, nun festival que celebra a súa 21ª edición e que reunirá arredor de 100 bandas internacionais. A organización prevé a asistencia de preto de 140.000 persoas, con público procedente de máis de 40 países. O recinto do campo de fútbol de Celeiro contará con catro escenarios e ata 12 horas diarias de programación musical.
Entre os nomes máis destacados figuran Iron Maiden, Marilyn Manson, Limp Bizkit, Anthrax, A Day To Remember, Trivium, Sabaton, Testament, Mastodon e outras figuras de referencia. Ademais, o festival ofrecerá actuacións exclusivas en España de grupos como P.O.D., Blood Incantation, Converge ou Man with a Mission.
O Resurrection Fest manterá tamén iniciativas singulares como as vodas dentro do festival, que xa superan as 1.500 persoas inscritas, converténdose nun dos elementos máis característicos e mediáticos do evento a nivel internacional.























A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano. 


