Hai xa máis de 150 inscricións de toda Galicia, Asturias, Castela e León, Cantabria, País Vasco e Madrid; e a entrada é de balde para todos os públicos
Cervo, 25 de xuño do 2026. O Concello de Cervo, en colaboración coa Federación Galega de Kárate, acollerá o III Campionato Galego de Kung Fu e o III Interautonómico desta mesma disciplina, este próximo sábado, 27 de xuño.
A alcaldesa, Dolores García Caramés, presentou o evento acompañada do director Nacional de Kung Fu da Real Federación Española de Kárate, Miguel Ángel Rojo, veciño tamén do municipio.
Hai xa máis de 150 inscricións de toda Galicia, Asturias, Castela e León, Cantabria, País Vasco e Madrid.
A proba disputarase a partir das 10:00 horas no Pavillón do CEIP Península da Paz.
A competición depende do departamento de Kung Fu da Federación Galega de Kárate , os participantes competirán nas modalidades de Taolu (formas ao aire) con armas e man baleira e Taishou (combate).
Ademais, na modalidade de Tao Lu, haberá competición individual e por parellas.
A alcaldesa quixo ter palabras de agradecemento para a Federación Galega de Kárate e, de maneira especial, “a implicación de Miguel Ángel Rojo, veciño de Cervo e gran impulsor desta disciplina, que fai posible que poidamos desfrutar dun evento destas características no noso concello”.
“Animamos a toda a veciñanza e ás persoas que nos visiten durante a fin de semana a achegarse ao Pavillón do CEIP Península da Paz para gozar dun espectáculo deportivo de gran nivel. Ademais de promover valores como o esforzo, a disciplina e o respecto, este campionato é unha magnífica oportunidade para achegar o kung fu ao público en xeral”, engadiu.





















Os concertos serán os xoves ás 20:30 h e incluirán propostas variadas como The Swinging Flamingos, Terrae & Nastasia Zürcher, César de Centi, Silvia Penide, Bela Clarlo, Disquetera e unha sesión especial de DJ Mr. Fishman o 11 de agosto. O Concello destaca que esta iniciativa busca dinamizar os espazos públicos, ampliar a oferta cultural do verán e converter a alameda nun punto de encontro para veciñanza e visitantes.
O evento, organizado por O Arco da Vella coa colaboración do Concello de Barreiros e o CEIP San Miguel, contará coa participación dos grupos ACF Gamelas e Anduriñas de Espasante e O Arco da Vella de San Miguel de Reinante. Antes do festival haberá un pasarrúas con saída desde a Praza do Souto.
A actividade puxo o broche final ao Programa Integral de Envellecemento Activo Municipal cunha charla sobre a xestión emocional das enfermidades neurodexenerativas, impartida pola psicóloga Carmen Breijo, da Fundación Degén, quen ofreceu un espazo de reflexión, aprendizaxe e orientación. A sesión contou tamén coa presenza do concelleiro Alfredo Fernández, que destacou a importancia de crear espazos de participación, coidado e benestar para as persoas maiores. O Concello agradeceu a colaboración da Asociación de Xubilados Terramar e da Fundación Degén, así como a participación de todas as persoas asistentes.
No acto acompañará ao autor o filólogo e escritor Ramón Reimunde.
Trátase dun proxecto educativo pioneiro en Galicia que traballa a autoestima, a motivación e as intelixencias múltiples. A directora, Raquel Hermida, salienta que o programa busca fomentar o talento infantil a través de experiencias novas, traballo en equipo, creatividade e proxectos de emprendemento. A escola funcionará de 8:00 a 15:00 horas para facilitar a conciliación e ofrecerá talleres de oratoria, comunicación e intelixencia emocional, ademais de reforzo escolar, novas tecnoloxías e mecanografía. As persoas interesadas poden obter máis información no teléfono 982 58 50 98 ou no correo raquel@amarina.org.
O alumnado de 2º curso das familias profesionais de Instalacións e Mantemento, Imaxe Persoal e Administración e Xestión remataron o curso e a súa formación en centros de traballo co que xa conseguiron a súa titulación como técnicos de grao medio ou grao superior para incorporarse ao mercado laboral. Desde o IES Perdouro, destácase o alto grao de empregabilidade destas ensinanzas e a importancia que para o ámbito laboral ten a incorporación destes profesionais, ao mesmo que lles trasladamos os parabéns pola súa recente titulación.


