Cervo, 29 de xuño do 2026. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, e o concelleiro Adrián Arias supervisaron o inicio das obras de renovación integral do parque infantil Isaac Díaz Pardo e Luís Seoane, en Cervo, situado na contorna da rotonda próxima á Casa do Concello, unha actuación que supón un investimento de 261.385,74 euros, financiado integramente con fondos propios municipais.
O proxecto contempla a transformación completa das actuais áreas de xogo, mantendo a súa localización, coa substitución de todos os elementos deteriorados por novos xogos homologados, a instalación dun novo pavimento continuo de caucho de seguridade e a renovación do peche perimetral, cumprindo cos estándares máis esixentes en materia de seguridade e accesibilidade.
A actuación permitirá, ademais, ampliar a zona destinada aos nenos e nenas de maior idade, creando un espazo máis amplo, moderno e atractivo, con novas propostas de xogo adaptadas ás diferentes etapas da infancia.
Entre as novidades destaca tamén a incorporación de elementos inclusivos, favorecendo que todos os nenos e nenas poidan compartir o espazo de lecer en igualdade de condicións.
Un dos grandes atractivos do novo parque será a instalación dunha tirolina, un elemento moi demandado polos máis pequenos.
Neste sentido, a alcaldesa explicou que “era unha petición que nos trasladaban con frecuencia os nenos e nenas de Cervo que utilizan habitualmente este parque. Escoitámolos, tomamos nota das súas inquedanzas e hoxe podemos dicir con satisfacción que esa demanda vai ser unha realidade”.
Dolores García Caramés destacou que “esta é unha actuación moi importante para seguir mellorando os espazos públicos destinados á infancia. O parque Luis Seoane e Isaac Díaz Pardo é un punto de encontro para moitas familias e merecía unha renovación integral que garanta a máxima seguridade, accesibilidade e novas oportunidades de xogo”.
A rexedora incidiu ademais en que “apostamos por destinar recursos propios do Concello para ofrecer aos nosos veciños e veciñas instalacións modernas e de calidade. Con este investimento de máis de 261.000 euros renovamos por completo un parque emblemático, ampliando a área de xogos para os maiores e incorporando elementos inclusivos e unha tirolina que sabemos que fará as delicias dos máis pequenos”.
O novo parque contará cunha gran estrutura de aventura para os maiores, outra adaptada ás primeiras idades, novos columpios, xogos de muelle, elementos inclusivos e a nova tirolina, todo instalado sobre pavimento continuo de seguridade e cun novo peche perimetral que reforzará a protección do recinto.
Con esta actuación, o Concello de Cervo continúa avanzando na mellora dos espazos públicos destinados á infancia, dotando ao municipio dun parque moderno, accesible, seguro e preparado para responder ás necesidades actuais das familias.




















Por este motivo, o Concello recomenda ás persoas, colectivos e entidades que precisen facer uso dalgunha instalación municipal ou solicitar material que presenten as súas peticións coa antelación necesaria. A medida permitirá organizar adecuadamente a atención das solicitudes e a planificación dos recursos municipais.
Ao acto, que tivo lugar diante da sede da institución provincial, asistiron deputados e deputadas, membros da corporación provincial e empregados públicos, que gardaron un minuto de silencio como mostra de respecto e solidariedade coas persoas afectadas pola catástrofe. A Deputación quixo así unirse ao chamamento realizado pola FEMP en toda a España, expresando o seu apoio ao pobo venezolano nestes momentos de especial dificultade.
A alcaldesa, Dolores García Caramés, visitouna no seu domicilio para felicitala e entregarlle un ramo de flores en nome de toda a veciñanza. Nada en Sargadelos e veciña de Cervo, foi a máis nova de dez irmáns e desde moi nova traballou no campo e coidou dos animais, sempre cun gran espírito de esforzo. Nai, avoa e bisavoa, a súa familia destaca a súa alegría, enerxía e bo humor. Moi activa ao longo da súa vida, gozaba de viaxar, da praia, de conducir e de participar nas actividades municipais, ademais de cultivar a súa paixón por cantar. Coqueta, sorrinte e cun espírito novo, Benedicta é hoxe un exemplo de vitalidade para todo o municipio.
O Pazo de San Marcos acolleu a conferencia final, de Manuel Andrade Baliño, e a entrega de premios ás alumnas e alumnos que obtiveron mellores valoracións nas probas que realizaron, o xoves, individuais, na Facultade de Formación do Profesorado de Lugo, e o venres, por equipos, en Mondoñedo. A final do certame, cunha axenda complentaria que achegou ás rapazas e rapaces ao patrimonio e á cultura, celebrouse por primeira vez en Lugo da man da Asociación Galega de Profesorado de Matemáticas (Agapema) e coa colaboración da área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación.
Dentro desta programación, o martes 30 de xuño ás 11:00 celebrarase na Casa da Cultura unha charla divulgativa impartida pola astrofísica Lucía González Cuesta, aberta a toda a veciñanza. A iniciativa enmárcase no programa provincial que busca ofrecer información rigorosa e garantir unha observación segura. Durante a xornada repartiranse folletos e gafas homologadas. A alcaldesa, Marta Rouco, destaca o carácter histórico do eclipse e anima a participar para vivilo con seguridade. O Concello lembra que só deben empregarse gafas específicas para mirar ao sol e continuará colaborando en actividades divulgativas e sociais arredor deste acontecemento único.
O obxectivo é facilitar que os mozos e mozas que o desexen poidan facer uso destas instalacións. A medida permitirá empregar o campo para a práctica deportiva e para a organización de partidos informais durante o período estival. Desde o Concello de Viveiro sublíñase a importancia de ofrecer espazos deportivos accesibles durante as vacacións de verán e de favorecer hábitos de lecer activo entre a mocidade.


