Barreiros, 19 de xuño de 2026. O Concello de Barreiros realizou diversas melloras en infraestruturas relacionadas coa actividade agrogandeira e forestal, co apoio da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.
A colaboración entre as dúas administracións permitiu acondicionar cinco camiños de concentración parcelaria; dous na parroquia de Vilamartín Pequeno, e tres no núcleo de Vilamartin Grande. As vías, que comunican parcelas de uso agrario, melloráronse coa renovación da rodadura e a limpeza das gabias. As actuacións en vías completáronse coa instalación dun paso auga baixo un camiño municipal en Celeiro de Mariñaos, para evitar os danos das escorrentías no firme.
O convenio para a mellora de dotacións no rural entre o Concello e a institución provincial financia a creación dun novo punto de depósito e carga de madeira en San Xusto de Cabarcos, un servizo que procura faclitar e ordenar a actividade forestal nesta parroquia do municipio.
O deputado de Rural Daniel García, a alcaldesa de Barreiros Ana Ermida e o concelleiro de Medio Ambiente e Rural Dámaso Ratoeira supervisaron o resultado das actuacións, que concluíron nos últimos días.
A alcaldesa Ana Ermida explicou que “se trata de actuacións moi demandadas pola veciñanza destas parroquias, que concentran boa parte da actividade agrogandeira” e sinalou “que o contacto contínuo coa veciñanza permítennos ir planificando e executando as melloras necesarias, en función dos recursos dispoñibles”. Nese sentido, valorou “a importancia da colaboración institucional para desenvolvelos”.
O deputado Daniel García sinalou “a necesidade de contar con infraestruturas axeitadas para a actividade agrogandeira e forestal, que son os dous grandes piares económicos do rural”
As actuacións supuxeron un investimento conxunto duns 65.000 euros.










O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



