“Os senadores do PP por Lugo converteron ao Senado nun teatrillo onde cada certo tempo fan a súa representación para aparentar que fan algo. É a segunda oportunidade que levan á Comisión de Transportes o asunto do ferrocarril, pero sempre se lles esquece citar que foi Feijoo quen se comprometeu a chegar a AVE a Lugo e marchouse incumprindo a súa promesa.
Todo o que fai o goberno parécelles mal, aínda que nos últimos 8 anos sacáronse do caixón proxectos que o goberno de Rajoy abandonou como a A54 ou a Estación Intermodal. E todo o que fai a Xunta parécelles moi ben, aínda que sexa o churro de Variante para Viveiro no que substituíron unha vía de alta capacidade por unha estrada convencional e dividido por 4 o orzamento orixinal ou que catro anos máis tarde sigan sen arranxar 200 metros da estrada de O Courel.
Estes anos no Senado demostraron que só lles importa atacar ao goberno faga ou non faga; alí onde hai un proxecto, unha licitación, un investimento, alí están os senadores do PP para desprezalo. Máis de 600 millóns de investimento na liña de ferrocarril Lugo Ourense son unha realidade á que ninguén pode subtraerse e con todo a parcialidad dos senadores do PP lévaos a desprezala.
Hoxe añadiron una versión conspiranoica pero que contradicese nos seus términos porque de nser certo que o goberno actual marxinase Lugo por razones políticas, ¿que razos llevaron al gobierno de Rajoy a invertir cero en obra de infraestructuras na provincia?
Pero a realidade é incuestionable; co goberno de Rajoy non hai nin unha soa obra publica digna de mención na provincia de Lugo e todas se reactivaron desde 2018.
A ansiedade dos senadores do PP é tan que os leva a cometer erros continuamente; o último exemplo en Vilalba onde atribuíron a propiedade do Estado as casetas dos peóns camineros cando son da Xunta. Pero hai moito máis. Por iso na Comisión de Transportes do Senado hoxe recomendeilles que se deixen de pantomimas e póñanse de verdade a traballar por Lugo
César Mogo
Senador socialista por Lugo




















Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



