O BNG esixe á Xunta que rectifique o peche de 36 camas previsto para o verán no Hospital da Mariña
Lugo, 30 de xuño 2026. O grupo provincial do BNG reclamou no pleno provincial o dereito da veciñanza da Mariña a ser atendida no hospital de Burela durante o verán, cunha moción que esixe á Xunta de Galicia rectificar o peche de 36 camas previsto para os vindeiros tres meses.
Na defensa da moción, o deputado mariñao Daniel García criticou que “o PP celebre por todo o alto o 40 aniversario do Hospital da Mariña mentras pecha 36 camas” e “elimina o persoal para atendelas”, recortando os servizos nun momento do ano en que a poboación da comarca chega a triplicarse.
Daniel García explicou que “os profesionais asignados a esas unidades son destinados a cubrir vacacións e outras necesidades noutros servizos porque contratar máis persoal suporía investir máis recursos na sanidade pública e iso non é unha prioridade do PP na Xunta que leva anos desmantelando os servizos públicos e desviando cada vez máis recursos á sanidade privada”.
O deputado nacionalista denunciou as consecuencias deste recorte para a poboación da Mariña: “os pacientes acaban sendo derivados ao HULA e con eles tamén se desprazan as súas familias, obrigadas a facer quilómetros ata Lugo”. “A xente da Mariña non queremos enfermar e ter que vir para Lugo, porque temos un hospital. O que necesitamos son recursos, non camas baleiras”, concluíu.
A moción aprobouse malia o voto en contra dos deputados do Partido Popular, que defendeu o recorte da atención hospitalaria en Burela.
O BNG reclama políticas de prevención reais fronte á “propaganda forestal da Xunta”
O BNG tamén advertiu no pleno provincial dos incumprimentos do Partido Popular en prevencións de incendios, tras constatarse que a Xunta de Galicia non realizou a limpeza de faixas de protección secundaria nos concellos de menos de 10.000 habitantes que comprometeu o ano pasado.
A través dunha proposta de goberno, a formación nacionalista reclamou “politicas reais e eficaces” para protexer o territorio e a vida das persoas. “Dispoñemos de normativa e leis máis que suficientes. Só precisamos vontade con recursos e medios suficientes e capacidade de xestión e de goberno. Algo do que vostedes carecen”, sostivo Daniel García.
O deputado criticou a “propaganda forestal” da Xunta para tapar 17 anos de abandono do rural e defendeu a necesidade de “políticas de prevención activa nos montes durante o inverno” e unha xestión que “valorice e diversifique o aproveitamento do territorio e fomente o silvopastoreo”.
Nesa liña, puxo en valor o programa “O que non arde” de apoio á gandería extensiva da área de Rural, que dirixe no goberno provincial, que financia investimentos ligados ao pastoreo e ao manexo do gando en extensivo.






















Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
Foron os propios implicados quen contactaron co 112 Galicia pasada a medianoite deste domingo. O vehículo no que viaxaban saíuse da vía na LU-132, en Cabarcos, Barreiros. A posición na que quedou o coche, inclinado sobre un terraplén, complicou o acceso dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, por iso, os xestores do Centro Integrado de Artención ás Emerxencias de Galicia avisaron aos Bombeiros de Barreiros. Finalmente, só tiveron que rescatar a un dos dous ocupantes, o copiloto, e, para iso, tiveron que cortar os asentos. Do mesmo xeito, o equipo médico só trasladou a unha persoa.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.



