Ribadeo, 19 de xuño, 2026. O Real Club Náutico de Ribadeo acolleu hoxe o foro de turismo España Verde, celebrado a partir das 10:00 horas, no que representantes institucionais, expertos e profesionais do sector no norte de España intercambiaron ideas e perspectivas sobre o ámbito turístico. Ao encontro, que combinou mesas de debate moderadas cun itinerario turístico pola cidade, asistiron arredor de cincuenta participantes procedentes de todo o territorio estatal.
O evento constituíu unha reunión clave entre axentes de Galicia, Asturias, Cantabria e País Vasco para avanzar na planificación e proxección dun modelo turístico ambientalmente sostible e axeitado ao contexto actual. A colaboración entre as autonomías cantábricas xa se ten producido noutros ámbitos —como a industria, o transporte ou a saúde laboral—, polo que o enfoque conxunto na xestión turística resulta especialmente oportuno.
O acto de benvida estivo a cargo do presidente do Real Club Náutico de Ribadeo, Pablo Fernández; do alcalde, Daniel Vega, e do director da Axencia de Turismo de Galicia, José Manuel Merelles. Na súa intervención, Merelles destacou o valor turístico do norte peninsular e fixo especial referencia ao carácter pioneiro das comunidades ao impulsar o primeiro ‘Corredor de Ecoturismo de la España Verde’.
Un turismo sensible co territorio e coa poboación residente
Moderada por Carles Lamelo, xornalista de Onda Cero, a mesa redonda «España Verde» abriu o ciclo de diálogos da mañá. Carmen Pita, directora de Promoción de Turismo de Galicia; Tatiana González, xefa da Área de Turismo do Principado de Asturias, e Daniel Solana, director xeral de Basquetour, abordaron a importancia de accións como o rexistro de fluxos turísticos, a promoción lingüística ou os acordos co mercado internacional para mellorar a toma de decisións e fortalecer a oferta turística.
A mesa «Galicia Calidade», dirixida por Nacho Capeáns a partir das 11:45 horas, centrouse nos elementos diferenciadores do turismo galego. Ildefonso de la Campa, director xeral do Plan Xacobeo; Cesáreo Pardal, presidente do Clúster de Turismo de Galicia; Ana Méndez, directora xerente de Galicia Calidade, e Vidal Martínez Sierra, presidente do GDR Terras de Miranda, coincidiron en sinalar a profesionalización do sector hoteleiro e hostaleiro como garantía de excelencia. Pardal, apoiado polo resto de relatores, subliñou a necesidade dunha colaboración estreita entre o público e o privado para ofrecer calidade.
No bloque «A Mariña como destino», Alexandra Seara, xerente do Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra, e Tania Hermida, axente de Turismo da Mancomunidade de Concellos da Mariña, mantiveron unha conversa moderada por Hugo Criado, CEO de Medrar. Ambas coincidiron en que a sustentabilidade só é posible cun turismo sensible co territorio e coa poboación residente, que respecte a paisaxe, a ruralidade e as producións artesanais.
Organizado pola Xunta de Galicia, o Concello de Ribadeo e a empresa lucense Medrar Innovation Office, o foro puxo de manifesto o papel esencial da colaboración público-privada para avanzar cara a un sector turístico máis sostible, integrado e preparado para os retos futuros. O representante municipal foi o encargado de pechar a sesión matinal ás 13:30 horas.
Pola tarde, tras un aperitivo ofrecido polo restaurante Náutico, a programación continuará cunha ruta turística por espazos emblemáticos da vila. A visita, que comezará ás 16:00 horas, será guiada polo profesional do turismo Guido Guía, quen trasladará á experiencia práctica parte do abordado durante a mañá.
O local como punto de partida
Ribadeo consolidouse como epicentro para o análise e a promoción dun turismo vinculado á identidade dos destinos do norte peninsular. O alcalde, Daniel Vega, destacou a necesidade de impulsar accións prácticas: “Una mesa técnica permite detectar las debilidades y localizar las fortalezas para mejoras reales”. Ademais, debuxou a estratexia necesaria entre institucións: “Debemos unirnos a marcas estratégicas nacionales y, desde los ayuntamientos, aportar todo lo posible. El trabajo debe ser realizado de forma horizontal y bidireccional”.
Pola súa banda, José Manuel Merelles salientou a importancia de organizar encontros como este foro para avanzar na mellora do sector: “Tiene un elemento didáctico, al estar dirigido a empresarios y a la ciudadanía, para demostrar el trabajo realizado desde las instituciones. Con las aportaciones de todo el mundo, podemos conseguir que la actividad continúe como una de las más importantes de la economía de Galicia”.









O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



