A Mariña, 19 de xuño, 2026. A CIG-Ensino participou este venres na reunión do Comité de Seguridade e Saúde Laboral de Lugo, na que trasladou a súa preocupación pola grave situación das infraestruturas dos centros educativos da provincia.
Durante o encontro, a organización sindical reclamou a corrección urxente do deterioro que presentan varios centros, entre eles o CEIP Plurilingüe Vista Alegre e o IES Perdouro, ambos en Burela, así como o CEIP do Vicedo.
Segundo a CIG-Ensino, a resposta da Administración resultou “completamente insatisfactoria”, xa que non contempla actuacións de arranxo e atribúe a situación a unha suposta mala xestión dos concellos implicados. O sindicato considera especialmente preocupante que non exista ningún prazo previsto para acometer melloras, dado que —segundo indicou a Administración— o orzamento asignado á provincia de Lugo para 2026 estaría xa esgotado.
En relación co deterioro dos centros, a CIG-Ensino solicitou que os Informes de Sinistralidade en Centros especifiquen a causa dos accidentes laborais, co obxectivo de determinar se están relacionados co estado das infraestruturas.
O sindicato tamén trasladou outras demandas, como a necesidade de realizar unha avaliación dos riscos psicosociais para o profesorado, así como unha avaliación específica dos riscos nos talleres e laboratorios de Formación Profesional. Ademais, reclamou que a Administración asuma a responsabilidade de garantir a formación en seguridade e saúde para o alumnado da FP Dual antes da súa incorporación ás empresas, e que estas cumpran estritamente a normativa de prevención de riscos laborais.


















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



