A Mariña, 24 de xuño, 2026. “O Vicedo está a vivir un novo episodio da irresponsabilidade coa que actúan os senadores do PP de Lugo en materia de seguridade cidadá. A pesar de que desde a Administración se lles reiterou a prudente reserva que debe aplicarse aos datos relativos ao persoal das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, eles fan caso omiso e difunden publicamente, de maneira imprudente, a relación de efectivos cuartel por cuartel en toda a provincia”, afirma o senador socialista César Mogo.
O parlamentario lembra que os populares tentan xerar inquietude entre a veciñanza, obviando que na provincia de Lugo hai hoxe máis efectivos da Garda Civil que durante o Goberno de Mariano Rajoy, o que permite unha maior capacidade de resposta ante situacións excepcionais. “Esa resposta do Goberno, que teñen por escrito, cállana porque o seu único interese é confundir aos veciños e veciñas de Lugo”, engade.
Segundo Mogo, “o todo vale instalouse con virulencia na actividade destes tres senadores”, que mesmo chegan a poñer en dúbida a capacidade da Garda Civil para organizar os servizos e cubrir as baixas que se producen. “Deberían mostrar máis respecto polos mandos da Garda Civil e deixarlles traballar sen interferencias políticas, porque saben perfectamente que medidas adoptar para garantir a seguridade cidadá en todo momento”, subliña. Actuando así, afirma, “non só trasladan temor aos veciños, senón que tamén cuestionan a capacidade de quen está á fronte da institución na provincia”.
No Vicedo, lembra Mogo, “os senadores do PP xa meteron a pata hai tempo coa proposta de rexeneración da praia, que mesmo foi rexeitada polo alcalde, e agora volven facelo, desta volta coa seguridade dos veciños. Van de marca”.
O senador conclúe que “deberían dedicarse a traballar de verdade por Lugo antes que facelo contra Lugo”.






















A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano. 



