José González lembra que os inmobles rehabilitados deben alugarse ou cederse a persoas traballadoras, non podendo situarse a máis de 15 km do centro de traballo e primándose os casos relacionados con eidos estratéxicos como o agroalimentario
Lugo, 2 de xullo de 2026. O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, mantivo hoxe —nas instalacións lucenses de Unións Agrarias— un encontro con representantes empresariais e de entidades interesadas na nova convocatoria de impulso á rehabilitación de vivendas destinadas a persoas traballadoras. Na xornada, na que tamén interviñeron o secretario xeral de UUAA, Roberto García, e a alcaldesa de Lugo, Elena Candia, o conselleiro animou a solicitar as achegas antes do día 15 deste mes de xullo, que é cando remata o prazo. Fixo fincapé en que están concibidas para garantir a cobertura de vacantes especialmente en sectores estratéxicos como o agroalimentario, ao tempo que se aposta por fixar poboación dando unha nova vida a vivendas baleiras en concellos de menos de 20.000 habitantes, que son maioría —dixo— na provincia de Lugo.
Segundo explicou, a orde conxunta das consellerías de Emprego, Comercio e Emigración e de Vivenda e Planificación de Infraestruturas ten dúas liñas: a primeira dirixida a empresas e a persoas físicas ou xurídicas, e a segunda destinada a concellos de menos de 20.000 habitantes, con axudas máximas previstas de ata o 95 % do orzamento da rehabilitación. Se se rehabilita unha vivenda unifamiliar, a cantidade máxima será de 50.000 € se solicitan a axuda empresas ou persoas físicas, e de 75.000 € no caso de concellos. Se se trata de edificios residenciais colectivos inacabados ou en situación de esqueleto inmobiliario, a contía non poderá superar os 30.000 € por cada unha das vivendas do inmoble, nin a cantidade global para todo o conxunto dos 300.000 €.
No marco das dúas liñas de axudas existentes, a orde contempla tamén dúas posibilidades. A primeira, que as empresas con centros de traballo en Galicia sexan as propietarias, usufrutuarias ou cesionarias do uso das vivendas por un prazo mínimo de 10 anos e decidan rehabilitalas para destinalas á residencia habitual das súas persoas traballadoras, contribuíndo así á cobertura das súas propias vacantes. A segunda, que esas empresas cheguen a acordo cunha ou varias persoas propietarias de vivendas da zona, ou mesmo con concellos, para que sexan eles quen se encarguen de rehabilitar os inmobles en beneficio último dos traballadores desas empresas.
Deste xeito, González destacou que os inmobles deben ser para persoas traballadoras, en réxime de alugueiro ou de cesión de uso. Non poderán estar situados a unha distancia superior a 15 quilómetros do centro de traballo onde estea contratada a persoa destinataria final, sempre nun concello con menos de 20.000 habitantes, primándose os municipios con menos de 5.000 persoas, que tamén son maioría na provincia de Lugo.
Puntuación das solicitudes
Segundo apuntou o titular de Emprego, ao analizar as solicitudes terase en conta tanto a distancia entre a vivenda e o traballo como a existente ata unha parada de transporte público ou ata unha vía de alta capacidade. A maiores, darase prioridade ás vivendas dirixidas a persoas que traballen en sectores estratéxicos como o agroalimentario, pero tamén na automoción, naval, metalmecánico, téxtil-moda, TIC e industrias culturais, así como as actividades pesqueiras, forestais ou de coidados de maiores. Á hora de puntuar as solicitudes, valorarase así mesmo a sostibilidade das rehabilitacións.
José González concluíu aludindo ás novas axudas como unha orde sen precedentes, que permite avanzar na cobertura de vacantes laborais por parte do tecido produtivo proporcionándolles ás persoas traballadoras o acceso á vivenda imprescindible para que poidan aceptar un emprego e establecerse con todas as garantías. Tanto á forza laboral interna, dixo, como á exterior necesaria para seguir avanzando no encaixe de oferta e demanda que redunde no desenvolvemento económico de Galicia.























Cómpre sinalar que este produto conta cun distintivo de calidade diferenciada, a Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá, un dos 36 selos recoñecidos en Galicia que amparan a súa excelencia. Neste sentido, a Xunta vén de lanzar a nova marca Aquí Sabemos, coa que se busca reforzar o coñecemento e a identificación por parte dos consumidores dos produtos alimentarios galegos protexidos por figuras de calidade diferenciada.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Están organizadas por Acisa e financiadas pola Área de Medio Rural e Mar da Deputación de Lugo. 25 locais hostaleiros ofrecen tapas e racións en diversas preparacións. Acisa repartiu entre os establecementos 1.100 quilos de mexillóns para esta cita gastronómica. Ata Ribadeo se achegou o deputado Dani García, que estivo xunto á presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, e os concelleiros ribadenses Martín Graña e Vicente Castro.
Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falou coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá. Por diante queda toda unha fin de semana chea de actividades arredor da faba de Lourenzá. Os organizadores animan a acudir a esta cita.
Os asistentes puideron coñecer de preto unha particular viaxe que parte de Ribadeo e percorre Galicia en 37 etapas bordeándoa e combinando ciclismo, patrimonio, cultura e paisaxe. Jorge Justo estivo acompañado polo alcalde de Ribadeo, Dani Vega, e por Pablo Mosquera, ex director do Hospital da Costa (agora Hospital Público da Mariña).
Neste curso a actividade estará dispoñible para as nosas pequenas Xoias e para alumnado externo, cunha sesión semanal, a cargo de Yasmin Toledo e Patrícia Sousa, do equipo de Segunda División. O alumnado poderá escoller o seu horario de adestramento entre os luns (16:00 h.-17:00 h., Vista Alegre) e os venres (19:30 h.-20:30 h., Monte Castelo). A actividade terá un custo de 6€/mes para o alumnado da escola laranxa e 24€/mes para o alumnado externo.