A Mariña, 15 de agosto, 2026. O tenor Santiago Ballerini, a soprano Berna Perles e o pianista Javier Carmena protagonizaron este venres 14 de agosto unha das grandes citas líricas da 13ª edición do Festival Bal y Gay, celebrada no Auditorio Casa da Cultura de Burela. A voz volveu situarse no centro da escena cun recital que reuniu tres artistas de perfís complementarios e ampla traxectoria.
Foi unha noite na que o virtuosismo vocal, a expresividade e o diálogo íntimo entre as voces e o piano atoparon un espazo diferente dentro dunha programación concibida para explorar as múltiples posibilidades da música clásica.
O festival continuará este sábado 15 de agosto con Iria Folgado, Raquel Areal, Sara Areal, Marta Rodríguez Otero e Salvador Bolón, que presentarán Ecos de Breogán no Pazo de Fontao de Foz ás 20:30 horas.
Conexión atractiva entre repertorio, creación e experiencia escénica
Santiago Ballerini chegou a Burela avalado por unha traxectoria internacional especialmente vinculada ao repertorio belcantista. O tenor actuou en escenarios como a Wiener Konzerthaus, o Kennedy Center de Washington, o Teatro Colón de Bos Aires, a Canadian Opera Company, o Teatro Regio de Turín, a Arena de Verona, a Ópera Nacional de Burdeos, o Teatro Real e o Gran Teatre del Liceu. Antes de dedicarse profesionalmente ao canto foi pianista durante nove anos, unha experiencia que explica a súa particular relación coa liña musical e co acompañamento.
No caso de Berna Perles, a soprano consolidou unha carreira de crecente presenza en grandes teatros e auditorios. Conta, entre outros recoñecementos, co primeiro premio de Juventudes Musicales de España, o premio do público e o primeiro premio do concurso Nuevas Voces de Sevilla, así como o Premio Ferrer Salat do Concurso Francesc Viñas. A súa traxectoria inclúe actuacións na Accademia Nazionale di Santa Cecilia de Roma, na Wiener Konzerthaus, na Opéra Royal de Versailles, no Palau de la Música Catalana e no Auditorio Nacional de Música de Madrid.
Dúas voces con experiencias internacionais e percorridos diferentes, pero unidas pola súa familiaridade co repertorio lírico. Xunto a elas, o pianista e compositor Javier Carmena, profundo coñecedor do universo vocal e estreitamente ligado á creación lírica contemporánea española. O reencontro dos tres artistas no Festival Bal y Gay permitiu establecer unha conexión especialmente atractiva entre repertorio, creación e experiencia escénica: Ballerini e Perles, que xa colaboraran nunha obra de Carmena, volveron atoparse agora nun formato máis íntimo, acompañados polo propio compositor ao piano.
O Auditorio Casa da Cultura de Burela achegou unha dimensión diferente á habitual sucesión de templos, mosteiros, pazos, castelos e outros espazos patrimoniais que caracterizan o festival. Un espazo cultural contemporáneo e próximo á cidadanía, que mantén a vontade de levar artistas de primeiro nivel a lugares diversos da Mariña.





















O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano. 



