Santiago de Compostela, 19 de agosto, 2026. A Xunta vén de resolver a convocatoria da liña de apoio a infraestruturas municipais de carácter estratéxico correspondente a 2026, na que cinco concellos da provincia de Lugo resultaron beneficiarios: Begonte, Castro de Rei, Cervo, Chantada e Lugo. En conxunto, recibirán máis de 2,2 millóns de euros a través do Fondo de Cooperación Local (FCL) destinado a investimentos de impacto supramunicipal.
No caso de Cervo, o Concello obtén unha achega de 500.000 euros para a renovación do graderío, vestiarios e almacéns do Complexo Deportivo A Veiga, en San Cibrao. Trátase dunha actuación cun orzamento próximo aos 1,4 millóns de euros, que permitirá modernizar unha infraestrutura deportiva clave para o municipio e para a actividade física e social da veciñanza.
Xunto a esta intervención, Begonte recibirá 500.000 euros para a reforma do pavillón de Baamonde; Castro de Rei contará con case 500.000 euros para crear unha praza pública e parque infantil en Castro Ribeiras de Lea; Chantada acometerá a rehabilitación do edificio da Casa do Concello cunha achega de 500.000 euros; e Lugo impulsará un aparcadoiro público no polígono do Ceao con 225.000 euros.
A liña de apoio, dotada con 10 millóns de euros, financia proxectos estratéxicos cun orzamento mínimo de 400.000 euros, asumindo ata o 50% do custo —cun límite de 500.000 euros por iniciativa—. En toda Galicia resultaron beneficiarios 26 proxectos, dos que 17 corresponden a infraestruturas deportivas.
Estas achegas son fundamentais para mellorar servizos públicos, reforzar a cohesión territorial e impulsar infraestruturas con impacto económico, social ou administrativo. Ademais, o FCL complétase con outras liñas de apoio ás administracións locais, como o Fondo de Compensación Ambiental, as axudas para mellora de dotacións municipais ou a nova liña para adquisición de vehículos e maquinaria vinculada á prevención de incendios.























Cómpre sinalar que este produto conta cun distintivo de calidade diferenciada, a Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá, un dos 36 selos recoñecidos en Galicia que amparan a súa excelencia. Neste sentido, a Xunta vén de lanzar a nova marca Aquí Sabemos, coa que se busca reforzar o coñecemento e a identificación por parte dos consumidores dos produtos alimentarios galegos protexidos por figuras de calidade diferenciada.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Están organizadas por Acisa e financiadas pola Área de Medio Rural e Mar da Deputación de Lugo. 25 locais hostaleiros ofrecen tapas e racións en diversas preparacións. Acisa repartiu entre os establecementos 1.100 quilos de mexillóns para esta cita gastronómica. Ata Ribadeo se achegou o deputado Dani García, que estivo xunto á presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, e os concelleiros ribadenses Martín Graña e Vicente Castro.
Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falou coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá. Por diante queda toda unha fin de semana chea de actividades arredor da faba de Lourenzá. Os organizadores animan a acudir a esta cita.
Os asistentes puideron coñecer de preto unha particular viaxe que parte de Ribadeo e percorre Galicia en 37 etapas bordeándoa e combinando ciclismo, patrimonio, cultura e paisaxe. Jorge Justo estivo acompañado polo alcalde de Ribadeo, Dani Vega, e por Pablo Mosquera, ex director do Hospital da Costa (agora Hospital Público da Mariña).
Neste curso a actividade estará dispoñible para as nosas pequenas Xoias e para alumnado externo, cunha sesión semanal, a cargo de Yasmin Toledo e Patrícia Sousa, do equipo de Segunda División. O alumnado poderá escoller o seu horario de adestramento entre os luns (16:00 h.-17:00 h., Vista Alegre) e os venres (19:30 h.-20:30 h., Monte Castelo). A actividade terá un custo de 6€/mes para o alumnado da escola laranxa e 24€/mes para o alumnado externo.