Mondoñedo, 21 de decembro de 2018 .- O Concello de Mondoñedo, a través da Concellería de Educación, programa para este domingo, 23 de decembro, un concerto conxunto da Banda Pascual Veiga de Mondoñedo e da Banda de Música de Foz. O recital dará comezo as 20:30 horas no Auditorio Pascual Veiga.
O edil de Educación, Alberto García, explica que o concerto ofrecido pola Banda Pascual Veiga en conxunto coa formación de Foz “pretende ser unha homenaxe aos tres directores xa falecidos que tivo a formación mindoniense, Eduardo Rodríguez, Arcadio Mon e Enrique Teijeiro. Arcadio tamén foi director durante moitos anos da Banda de Música de Foz”.
Alberto García invita a desfrutar deste concerto, “preparado con moito empeño por grandes artistas e profesionais, durante o que queremos ter presente aos tres directores da agrupación Pascual Veiga e a todos os que fixeron posible que Mondoñedo mantivera viva durante moitos anos esta formación musical”. Así, o edil de Educación desexa “Mil primaveras máis para a Banda de Música Pascual Veiga”.
Recuperación da Banda de Música Pascual Veiga
O edil de Educación lembra que no mes de setembro do ano pasado, “os mindonienses recuperábamos, tras varios anos de inactividade, a banda de música. Foi con motivo da Festividade da Virxe dos Remedios tras moitas chamadas e despois dun bo número de meses de ensaios”.
Co concerto previsto para o domingo, a Banda de Música Pascual Veiga suma a súa sexta actuación, “unha cifra que, quizais, pode parecer pequena pero que significa un importante esforzo para uns músicos que actúan de xeito desinteresado, o que agradecemos enormemente”.
Alberto García explica que resucitar a Banda Pascual Veiga, “non foi doado. Contamos co apoio dos músicos máis veteranos da nosa cidade, xunto ao director da Escola Municipal de Música, Xan Carballal, e, coa suma de todos, conseguiuse reunir nesta nova andaina a unha vintena de integrantes, moitos deles antigos membros desta agrupación, xunto a novos valores da Escola Municipal de Música, todos dun xeito altruísta”.
A este respecto, o concelleiro engade que “a día de hoxe o obxectivo non está nin moito menos concluído, xa que precisamos de máis músicos que enriquezan a formación, por iso quero animarvos a todos os que teñades interese en formar parte deste proxecto, que se desenvolve baixo a dirección de Rubén Solloso”.
Repertorio
Na primeira parte do recital baixo a dirección de José Luís Fernández Carreiras, interpretarán Adeste Fideles (Villancico Arr. Manuel Navarro); The happy cyclist (Ted Huggens), con Noa Fernández Corbelle como solista; The second vals (Dimitri Shostackovith. Arr. André Waignein) e Feuerfest (Josef Strauss), sendo solista Pablo Peláez Campos.
Durante a segunda parte do concerto, baixo a dirección de Rubén Solloso Irimia, ofrecerán aos asistentes Christmas chant (Tradicional. Arr. John Kinyon); A holiday sing-along (Arr. John Moss); A celtic Christmas (James L. Hosay) e Feliz Navidad (José Feliciano. Arr. Michael Sweeney).






















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
Ocorreu pasadas as 15:30 horas. Un traballador tivo que ser evacuado ao hospital logo de caerlle o tronco dunha árbore enriba mentres realizaba tarefas no monte en Cervo. Aínda que estaba liberado e consciente, precisaba asistencia sanitaria. Os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 trasladárono finalmente ao Hospital de Burela. Neste operativo tamén participaron a Garda Civil e a Policía Local de Cervo.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



