Cervo 21-121-8. Está organizado pola asociación Amigos da Troula, coa colaboración do Concello de Cervo.
O festival terá lugar o venres 28 de decembro, na carpa instalada na Praza dos Campos.
O inicio das actividades está programado para as 18:30 horas cun karaoke destinado aos máis pequenos no que haberá premio para o máis rockeiro ou rockeira.
O comezo dos concertos terá lugar ás 20:00h coa banda viguesa PEGAS NEGRAS que nos acompañará a ritmo de country e hillbilly. A continuación actuará a banda local THE LAZY BONES, que forman parte do cartaz por segundo ano consecutivo e farán vibrar ao público a base de ritmos funky.
A terceira banda en actuar tamén procede de Vigo. SUPERNATURAL, que conta cunha potente voz feminina , toca diferentes estilos como o suothern rock, o hard rock ou soul, entre outros. Veñen de facer unha serie de concertos en Francia e encherán a carpa do festival de enerxía.
O último grupo da noite é unha homenaxe a un dos grupos máis icónicos e representativos da hisoria do rock como é Queen. Mckuin fará as delicias de todos aqueles nostálxicos da banda de Freddie Mercury a ritmo dos clásicos éxitos dos 80.
Ás 0:00h haberá un ensaio das badaladas de fin de ano para así despedir o 2018 un pouco antes de tempo a ritmo de rock.
Ao remate da actuación dos grupos segue a festa na compañía de DISCO MÓBIL EVENTEC que pinchará os maiores éxitos da historia do rock. E como prato final, como non podía ser doutro xeito, serviranse racións de callos de balde para todos e todas.
Ademais, desde as 18:30h ata as 0:00h haberá unha tabla de surf mecánica e moitas máis sorpresas.


























María José Gómez, participou este sábado nos actos de celebración do XI Ribadeo Indiano.
Con este xesto, o Concello quere expresar o seu máis fondo pesar e trasladar toda a súa solidariedade e apoio ás familias das vítimas, ás persoas afectadas e a toda a veciñanza, compartindo a dor por esta inmensa traxedia.
No acto, desenvolvido no Teatro, interviñeron o alcalde, Dani Vega, e a presidenta de Acisa, Carmen Cruzado. O Coro Sagrado Corazón puxo a nota musical a esta primeira cita deste evento histórico cultural. A continuación foi a baixada ao peirao na compaña do enxebre cuarteto Illa Pancha e xa en Porcillán tivo lugar a chegada dos indianos a cargo do prestixioso Grupo de Teatro de Ribadeo. Gallaeia Small Band e Septeto To’ Mezclao amenizaron o peirao e o Campo de Francisco esta primeira xornada do Ribadeo Indiano 2026. O sábado e o domingo desenvolverase un intenso programa de actividades pensadas para todos os públicos.
Nesta ocasión contará, ademais de cos anfitrións A Subela, como grupo convidado ao Grupo Folclórico e Etnográfico do Cimeiro, procedente de Soure, en Portugal, que participa dentro dun intercambio cultural. A organización destaca que será unha edición especialmente significativa e anima ao público a non perdela. Terá lugar o 18 de xullo, ás 21:00 horas, na Praza Conde de Fontao, de Foz.
Unha actividade marcada polo deporte, o compañeirismo e o bo ambiente. Na categoría Sub-12, os equipos gañadores foron Xove Fútbol Praia, Viveiro Celtic e Sanci FC; en Sub-15, Cachupa, Wachines e Encueradores; en Sub-17, Hamburguesas FC, EnlaDepor e Wachines; e na categoría Sénior, Hamburguesas, La Org e Motototo. As medallas foron entregadas pola alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, quen felicitou os equipos e agradeceu a participación das persoas inscritas, das familias, do público e dos colaboradores, destacando que fixeron posible unhas noites de fútbol praia inesquecibles. A programación deportiva continuará a semana do 20 de xullo coa celebración do torneo de Fútbol 3x3.
O músico ofrecerá un repaso polos clásicos de Dire Straits, Eric Clapton, Pink Floyd, Lou Reed, Bruce Springsteen, Bob Dylan, Joaquín Sabina e moitos máis, nunha xornada dedicada á música e á historia do local. Esta será a primeira das actividades que se irán anunciando con motivo do 25 aniversario, cunha cita marcada para o 12 de xullo, no propio Rincón de Mondoñedo.
Con ela pechouse a celebración das festas de Santa Isabel que, un ano máis, foi todo un éxito.



