A Mariña 27-2-19. O equipo de ReTnova Proxectia Consulting, empresa adxudicataria do programa CATUXA, trasladouse o pasado luns 25 e martes 26 aos centros IES Alfoz-Valadouro, IES de Foz e IES Enrique Muruais (de A Pontenova) para continuar traballando da man do alumnado de 3º e 4º da ESO no fomento da igualdade, respecto pola diversidade e loita contra a violencia de xénero.
Comezaron os alumnos e alumnas do IES Alfoz-Valadouro co taller de “Intelixencia emocional, social e habilidades persoais”, onde experimentaron a través de diversas dinámicas para sentir emocións, a través da roda e do dominó das emocións, vencer os medos e mudar actitudes. A finalidade deste taller experiencial foi fomentar as habilidades de comunicación, resolución de conflitos, a tolerancia e a afouteza do alumnado de 3º e 4º da ESO dos concellos de Alfoz e Valadouro.
Ese mesmo día, o alumnado de 3º da ESO do IES de Foz participou na actividade “Analizando e rompendo cancións: busca e substitución de mensaxes machistas”. Nesta actividade mozas e mozos aprenderon a identificar mensaxes desigualitarias, discriminatorias e mesmo violentas contra as mulleres nas cancións que escoitan con frecuencia. A través de dinámicas de grupo conseguiron transformar as mensaxes machistas e tomar conciencia da importancia de erradicar o mito do amor romántico e da media laranxa e da desigualdade entre homes e mulleres mediante unha dinámica participativa.
Ao día seguinte, participaba nesta mesma actividade o alumnado de 4º da ESO do IES de Foz, que acolle alumnado dos Concellos de Foz e Barreiros; e do IES Enrique Muruais, ao que acoden alumnas e alumnos dos concellos de A Pontenova e Riotorto, traballaron nesta mesma actividade.
Nesta semana un total de 117 mozas e mozos de entre 14 e 16 anos tiveron a oportunidade de participar nas actividades do programa CATUXA. E son xa más de 200 as e os adolescentes que participaron neste comezo de ano en CATUXA, pertencentes a tres IES e seis concellos da Mariña Lucense.
O programa retomará a súa actividade o próximo 13 de marzo no IES María Sarmiento co alumnado dos concellos de Viveiro, O Vicedo e Ourol, e seguirá ese mesmo mes no IES Illa de Sarón e no Vilar Ponte.
CATUXA dispón dun teléfono e correo electrónico no que o alumnado, profesorado, nais e pais poden formular as consultas que precisen.
Pódese seguir a actualidade do programa CATUXA en Instagram e Facebook: @programacatuxa











A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.
Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Unha xornada de convivencia que comezará ás 11:30 h na Alameda, con misa de campaña, sesión vermú, comida, sorteo e festa ata as 19:00 h. A principal novidade é o menú con paella, sobremesa, bebida e café. Para participar é preciso vale: 7 € para persoas empadroadas e 10 € para non empadroadas e acompañantes, dispoñible nas oficinas municipais, onde tamén se pode solicitar transporte. Senllos concellos animan á veciñanza maior a sumarse a esta cita de encontro e recoñecemento.



