Vénseme á cabeza o Ron Cacique, coa etiqueta caracterizada cun indio con plumaxe. O nome de cacique ven do que se lle daba ós xefes locais das comunidades taínas de América, e foi importado na idea de que eses xefeciños facían o que lles petaba nas súas comunidades, pola inexistencia de leis escritas e por ser considerados bárbaros sen tradicións. De aí que aquí, ó convertirse as leis, normas e costumes en papel mollado pola acción dalgunhas persoas con certo poder local ou a outro nivel, o nome viñera como anel ó dedo. E segue en vixencia total, sendo a rede caciquil un dos fundamentos das desigualdades de todo tipo que neste estado e neste país están á orde do día.
O cacique (soe ser home, aínda que tamén pode herdarse o posto ou mesmo xurdir por vía feminina) ten contactos na administración, de xeito que nos temas polos que se interesa, a administración pasa a ter unha compoñente importante de manexo privado. Os chiringuitos que teñen proliferado coa desculpa de facer as cousas de xeito máis eficiente (en troques de facer funcionar mellor a propia administración) deron un novo impulso, nova vida, ó caciquismo. Pois en resume son entidades que manexan o público de xeito privado por encargo da administración, personificada nos políticos de quenda no remprazo correspondente ou no anterior, que que para algo se acuñou hai tempo en España aquelo da alternancia entre conservadores e liberais. Claro que, voltando a aquela época, foi na que tivo lugar o desastre de 1898, só tivo un respiro ó quedar España fóra da Primeira Guerra Mundial, e rematou na ditadura de Primo…
O caso é que hoxe por hoxe, poñamos por caso Portos de Galicia ou Puertos del Estado, son entidades que controlan bens públicos, de todos, e nese sentido, comúns, de xeito opaco e con control deficiente cando non nulo. Sen control, sen dar máis explicación que algunha conta xeral de final de exercicio e unha relación de actividades nas que só aparecen as boas, pois as que non o son maquíllanse abondo e paréceno para pasar o trámite. Pedrilles contas? O goberno correspondente e ‘en diferido’, de xeito que se algún grupo de persoas quere chegar a enterarse de algo ten que procurar ter man no goberno para chegar a facelo. Goberno que por certo foi quen nomeou a xefatura do chiringuito, e polo tanto, a súa dirección, pero que non ten responsabilidade directa por vía legal.
Ese ‘ter man’ é a encarnación do caciquismo. E non val poder chegar á oposición que non tivera mando anterior que vaia coa ‘alternancia’, pois a cousa pasa tamén polo filtro da maioría dunha cámara, que se supón que está apoiando ó goberno e con representantes que antes da votación de elección polo pobo, foron designados por unha cúpula de partido na que tiña moitos puntos a xente do goberno. Por certo, que iso leva tamén ó caciquismo de diferentes niveis, sempre a través dos políticos ou quen os controla por cartos, amizade (interesada ou non directamente) ou por ambos, pois a relación entre poderes fai amizades e redes clientelares ou de favores tanto como dependencias económicas.
E por hoxe xa me despachei por escrito. Pero non aínda na loita diaria que -coido- debemos manter por unha sociedade máis digna e xusta que deixar ós nosos fillos, aínda que só sexa para compensar en parte o desastre ambiental que lles legamos. Sempre queda moito día por aproveitar.





















A representación terá lugar este sábado día 18, ás 19:30 horas, no local social da Asociación de Veciños de Marzán, un dos destinos habituais nas xiras anuais da compañía. O Centiño mantén así a tradición de visitar este espazo, onde agarda compartir co público unha tarde divertida e chea de humor. A agrupación teatral continúa así coa difusión da súa nova obra, que segue a percorrer diferentes escenarios da comarca.
Dezaoito locais hostaleiros de Ribadeo, Rinlo e Vilaframil ofrecerán diversas preparacións ata o vindeiro domingo: en escabeche, en salpicón, en empanada, ao allo, á prancha, en albóndega, etc… Todas as propostas poden consultarse nas redes sociais de Acisa Ribadeo, que agradece “unha vez máis o apoio da OPP do Porto de Burela, que nos doou 90 quilos de cabala para estas xornadas, produto que entregamos de xeito gratuíto aos locais participantes. Achegámoslles así unha parte do peixe que empregarán nesta nova cita gastronómica na que tamén colabora o Concello de Ribadeo”. Ata o porto, ao restaurante Marinero, se achegaron este mediodía o director territorial da Consellería de Mar, Alexandre Piñeiro, as concelleiras ribadenses Montse Seijo, Elena Sierra e Begoña Sanjurjo, a presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, o xerente do colectivo empresarial, Jesús Pérez, e o técnico de Acisa, Jorge Fernández, que puideron degustar as elaboracións realizadas por este establecemento hostaleiro.
Durante a xornada Lionel compartirá a súa experiencia no mundo da escrita, dando a coñecer os seus procesos creativos e as temáticas que caracterizan os seus libros. O acto incluirá un coloquio participativo cos asistentes do club onde poderán preguntar e intercambiar opinións co autor sobre o libro lido “A raíña das velutinas”.
O sábado terá lugar no Casino o III Showcooking, con cociña en directo e maridaxe de viños. O público poderá votar os seus pinchos favoritos e participar no sorteo dunha noite no hotel Marqués de Riscal. A entrega de premios será o luns 20 ás 19:00 h. O Concello e Destino Navia animan a veciños e visitantes a gozar desta cita gastronómica.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A etapa, cun percorrido duns 150 quilómetros, partiu arredor das 11:30 horas e rematou en Barreiros, atravesando concellos como Xermade, Muras, Viveiro ou Foz. A proba reúne a equipos do ciclismo profesional internacional e sitúa a provincia de Lugo como escenario dunha das citas deportivas máis destacadas do calendario. O Goberno colabora no desenvolvemento da carreira a través das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, que velan polo correcto desenvolvemento da proba e pola seguridade de participantes e afeccionados.
As persoas interesadas poden anotarse ata o 24 de abril na Casa do Concello (Cervo) ou na Casa da Cultura (San Cibrao). A actividade está dirixida a persoas pensionistas empadroadas no municipio. Trátase dunha xornada pensada para compartir, celebrar e desfrutar en comunidade.



