Santiago, 22 de maio de 2019.- “A desvergoña e a corrupción institucional como forma de goberno”. Así definiu Luís Villares a actuación da Xunta co parque eólico de Sasdónigas, en Mondoñedo, que afecta restos patrimoniais coma o castro de Cabanavella e interrompe a vía primitiva do Camiño de Santiago. Para En Marea son intolerables as incoherencias das comparecencias parlamentarias do Director Xeral de Minas, Bernardo Tahoces, que insiste na ausencia de elementos patrimoniais e a da Directora xeral de Patrimonio, que recoñece a existencia dun informe que recolle a existencia do xacemento de Cabanavella.
Luís Villares reclamoulle hoxe á Xunta a paralización inmediata das obras, que se restitúa a legalidade e que se faga efectiva a protección do Camiño de Santiago, e lembrou que a actuación conta xa con máis de dez denuncias diante de Fiscalía. “A maior ameaza para o Camiño de Santiago chamase Bernardo Tahoces, por isto pero tamén pola Mina de Touro, en todos os casos o elemento común é a superioridade da Dirección Xeral de Minas fronte ao resto de valores e competencias en materia de conservación dependentes da Xunta”. En Marea pide a demisión de Bernardo Tahoces por todas estas actuacións.
Para o voceiro de En Marea a actuación en Sasdónigas, de total impunidade para a empresa Norvento, é tamén un exemplo da mentira como forma de goberno, de como o PP emprega as institucións ao servizo de intereses particulares arrasando con bens patrimoniais e ambientais. “Están empeñados en matar a pita dos ovos de ouro”, sinalou, antes de preguntarse “que facemos destrozando o Camiño de Santiago”.
Pola súa banda, o parlamentario de En Marea, Francisco Casal, que trasladou xa varias iniciativas ao Parlamento pedindo a protección da zona e visitou as obras da empresa eólica, lembrou que logo dun informe “feito por Norvento no que, casualmente, non atoparon nada de valor arqueolóxico, uns paseantes deron cunha moeda e uns cravos romanos, recoñecidos como tales por Patrimonio, que agora pón a excusa de que non está demostrado que, con todo, alí houbera romanos”.
“O que non pode ser é que por optimizar un 4% o rendemento dos muiños, as grandes empresas eólicas os poidan poñer onde lles dá a gaña”, insistiu Casal, que tamén relatou como na súa visita á zona puio comprobar como se está desecando unha lagoa de gran valor ambiental para moita fauna.
Finalmente, a voceira de En Marea Mondoñedo, Chus Amieiro, achegou abondosa documentación sobre a desfeita das obras do parque eólico, sen que ademais teña ningún tipo de repercusión positiva para a poboación da zona. “É horroso ver como a xente perde as súas terras por 0.01€ metro cadrado, con coaccións, mentres se cargan o medio ambiente e a paisaxe”, denunciou Amieiro, para quen “tanto o concello como a Xunta deben ser o garante da seguridade da veciñanza e non dunha empresa eléctrica que cada pouco tempo nos sobe a factura da luz”









O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



