Lugo, 21 xuño, 2019. O Grupo Provincial do PP censura que de novo as liortas internas do PSOE volvan empañar a boa imaxe que debera dar a institución provincial, polo que lle esixen aos socialistas “responsabilidade”. Reclaman altura de miras para PSOE e BNG e que os nacionalistas non asinen un cheque en branco só para poder estar no Goberno. “Ambos partidos deberan actuar con responsabilidade e pensando que teñen o labor de resolver as necesidades da provincia, aínda que pareza que o único que lles interesa sexa decidir sobre os postos e quen os vai ocupar”.
Desde o PP lamentan que todo o que teña que ver co PSOE na provincia sexa un esperpento. Tras as eleccións do 26 de maio, que perderon, veñen de demostrar un “todos contra todos” que deixa en moi mal lugar á institución e á clase política e non todo vale, critican os populares.
“Unha vez máis, e xa nos teñen acostumados, o único que lles importa é o reparto de sillas e de postos. Queren estar na Deputación a calquera prezo, cando o PP defenderá sempre que debería votar a lista máis votada, o partido que gañou as eleccións”.
Para o Grupo Provincial do PP a historia do PSOE de Lugo é a historia dunha traizón permanente entre os seus membros. Non lles importa a provincia, nin as necesidades dos veciños, para eles isto só supón un reparto de cromos.
Non teñen proxecto de provincia
Mentres o PP ten un proxecto de provincia e ganas de levalo a cabo, o PSOE só busca perpetuarse no poder para defender os intereses persoais duns poucos. Non coñecemos o seu proxecto de provincia e o peor é que non vemos que teñen interese ningún nela. Non vemos proxecto, non vemos programa, non vemos ideas. Só persoas con intereses particulares.
Esta provincia merece outra cousa. Non imos permitir que polas súas liortas internas se repita unha situación que prexudica a imaxe e o futuro da nosa provincia, algo que veñen facendo desde que chegaron á Deputación.



















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



