Estamos todos de noraboa. Burela, un municipio lucense de escasos oito metros cadrados de superficie, coñecido por acubillar cuarenta nacionalidades e pola nutrida presencia da comunidade cabo-verdiana, é modelo.
Antepoño que escribo estas liñas dende a emoción e o afecto daquel que, aínda marxinalmente, se sinte partícipe do modelo. Substitúo sesudas motivacións pola única de quen fala co corazón.
Nun tempo de profundos conflitos civilizatorios, do enésimo rexurdimento das vellas teimas de querer poñer cancelas ao campo, da manida excusa da búsqueda de culpables alleos, nesa época a vila mariñá é un contrapoder, é modelo.
Vimos de saber que Edilson Sánchez Tavares, mozo de 20 anos chegado hai cinco á localidade lucense, é o primeiro cabo-verdiano que supera o bacherelato e as probas de selectividade nos últimos 6 cursos.
Máis aló dun feito illado, a significación do suceso é xigante: reflexa a verdadeira integración que pasa irremediablemente pola formación, cualificación profesional e o crecemento socio-económico.
Unha sociedade xusta é aquela que premia a verdadeira meritocracia, a que da oportunidades a todos aqueles que teñen vontade de aproveitalas, a que gratifica o esforzo. Iso sempre vai no beneficio do conxunto.
A historia do noso protagonista ten unha dose adicional de épica: chegado tan só hai cinco anos a España, non só tivo que superar os obstáculos do desarraigo, académicos, da celeridade imposta de integración, senón que foi madurando coa súa nai mentres seu pai traballaba no seu país de orixe ou súa irmá facía o propio en Portugal. Non hai excusas para quen ten a vontade decidida de avanzar.
Pasando do concreto ao xeral, e deixando ao marxe as circunstancias específicas do rapaz, o seu éxito concreta o triunfo dun modelo educativo inclusivo baseado na planificación lingüísitica e na diversidade cultural no marco da lusofonía.
Sabemos tamén que en datas recentes o Centro de Formación e Recursos de Burela impartirá un curso pioneiro sobre lingua e cultura de Cavo Verde, a idea cardinal do mesmo é fixar vínculos identitarios entre os mozos inmigrantes, a súa propia cultura e a cultura galega. Tamén coñecemos do galardón Mil Primaveras ao Modelo Burela impulsado polo IES Perdouro de dita localidade.
Xa temos unha metodoloxía, un modelo, e resultados obxectivos concretos: Edilson é a súa concreción. Agora só falta o recoñecemento entusiasta de toda a comunidade para darlle continuidade. Con este modelo non hai dúbida, gañamos todos.



















Este venres, 14 de agosto ás 20.00 horas, terá lugar a presentación do libro "Espiritualidad", unha longa reflexión sobre a dimensión espiritual do ser humano, levada a cabo por 8 autores de diferences orientacións relixiosas, no Local Social do Parque Concepción Arenal (antigo matadoiro) de Ferreira do Valadouro. Estará presente o autor-coordinador da obra Pepe Peinó.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano.
O 112 Galicia tivo constancia do accidente arredor das 13:20 horas deste martes. Segundo varios particulares, dous turismos colidiran no quilómetro 79 da LU-862. Nun vehículo había un ferido, mentres que no outro unha persoa estaba atrapada, aínda que se atopaba en bo estado trala colisión. Desde o CIAE 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Viveiro, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Vicedo. Unha vez no punto, a dotación de bombeiros puido liberar á persoa atrapada.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.



