Cervo, 19 de xullo, 2019. As xornadas de historia “Cervo a Carón do Patrimonio” que organiza o Concello de Cervo celébranse no día este venres e sábado en horario de mañá e tarde.
Na inauguración, que tivo lugar ás 10:00 horas, na Casa do Mar, participaron o rexedor, Alfonso Villares, a edil de Patrimonio, Dolores García Caramés e o profesor Chema Leal, relator e coorganizador da actividade.
Villares recordou que estas xornadas nacen co obxectivo de poñer en valor o noso rico patrimonio, tal e como queda definido no título co que foron bautizadas.
“Somos posuidores dunha riqueza patrimonial e cultural moi coñecida fóra das nosas fronteiras -precisou- vinculada singularmente a Sargadelos, pero tamén especialmente ao mundo do mar, un aspecto no que se afondará especialmente nestas xornadas que percorrerán etapas históricas que son parte do noso patrimonio cultural e arquitectónico”.
No día de hoxe interviu o historiador Adrián Cao, que tamén participou activamente na organización das xornadas, o profesor da USC e investigador do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento, Carlos Andrés González Paz, houbo un roteiro por San Ciprián guiado polo profesor da UNED e investigador do Grupo de Pesca da USC, Chema Leal, polo conservador do Centro de Interpretación do Camiño de Mondoñedo e licenciado en Xeografía e Historia, Juan Ramón Fernández Pacios, e polo profesor de Filoloxía, escritor e poeta, Paco Rivas, cuxa intervención versou sobre a lenda da Maruxaina.
Xa pola tarde, haberá unha mesa redonda a cargo de novo de Chema Leal sobre as relacións de produción no mundo do mar: caladoiros, artes e conflitos; seguida da intervención da doutora de CC.SS. da Xunta de Galicia, Herminia Pernas, que afondará no papel da muller no mundo do mar. A xornada rematará hoxe cun novo relatorio de Adrián Cao, que presentará o proxecto “Cervo na Memoria”.
A actividade divulgativa continuará mañá sábado, ás 10:00 horas.
O rexedor precisou que “estas xornadas nacen co obxectivo de consolidarse no tempo, pretendemos que sexa unha data marcada no calendario, que nos permita sumerxirnos en interesantes etapas da nosa historia que moitas veces descoñecemos”.
A actividade de balde está dirixida a todas esas persoas con curiosidade que desexen coñecer en profundidade parte importante da historia de Cervo.








Finalizado o encontro, de carácter privado, o Cónsul asinou no Libro de Ouro da Deputación e a Presidenta fíxolle entrega dun agasallo institucional. Trala xuntanza Carmela López manifestou a súa satisfacción porque “traballamos para avanzar en novas vías de colaboración, e en posibles proxectos que serven para reforzar a relación entre a Deputación e o veciño país de Portugal”.
Este venres visitaron Ferrol e As Pontes, e o sábado serán os actos institucionais de benvida no concello de Ribadeo. Pola mañá será inaugurada unha placa conmemorativa da visita, e despois a recepción oficial na Casa do Concello.
Villares detallou algunhas destas accións no encontro empresarial organizado en Vilalba pola organización profesional BNI LOU VCR Breogán, un grupo de networking integrado por unha trintena de empresarios e profesionais da provincia. Entre outras, referiuse ás axudas para favorecer o establecemento dos traballadores autónomos ou para o fomento da contratación; os plans do Igape para a expansión e innovación do tecido produtivo, ou as iniciativas de formación. “Apoiar as empresas, as pemes e aos autónomos é apoiar o futuro do territorio”, afirmou.
A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.



