O mércores 31 a partir das 10h na praia de Xilloi o Mércores de natureza
desta semana, que consiste nunha ruta de sendeirismo entre a praia de
Xilloi e o porto do Barqueiro, de 9 km e regreso en kayak por mar,
pasando polas praias de Arealonga, Vidreiro, Caolín e Xilloi. O prezo
por participar e de 17 € se se participa nos kayaks. Se só se fai
sendeirismo a actividade é gratuita. De cara á fin de semana son as festas patronais do Vicedo, o venres e sábado no Vicedo e o domingo na praia de Xilloi.






















O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



