Lugo, 17 de setembro de 2019. O Presidente da Deputación, José Tomé, convocou para este xoves día 19, ás 10.30h, na Sala de Xuntas, unha reunión informativa con todas as centrais sindicais que teñen representación na institución provincial co fin de darlles traslado persoalmente dos acordos adoptados polo Pleno da Deputación e pola Xunta Xeral Extraordinaria de SUPLUSA, celebrados o día 12 de setembro, relativos ao inicio do procedemento de disolución para a extinción da Sociedade Urbanística Provincial.
O Presidente quere informar con total transparencia aos representantes sindicais da Deputación de cada un dos puntos acordados durante este encontro, que terá continuidade cunha reunión que se producirá de seguido cos deputados e deputadas designados para exercer o cargo de liquidadores de SUPLUSA (Pilar García Porto, en representación do PSdeG, Mónica Freire Rancaño, do BNG, e José Antonio García López, do PP), co asesor xurídico da comisión liquidadora e cunha traballadora de SUPLUSA nomeada interventora.
Con esta xuntanza, José Tomé quere garantir a total transparencia e claridade en todo o proceso que desembocará na extinción da sociedade mercantil, e desvinculalo de calquera manipulación política que puidera darse, en tanto que a decisión política, que é a disolución de SUPLUSA, xa está acordada por unanimidade no Pleno e na Xunta Xeral da entidade mercantil celebrados o día 12. Agora resta desenvolver a parte técnica e administrativa, que se realizará segundo as indicacións dos servizos provinciais implicados ao abeiro do establecido na lexislación Mercantil e de Dereito Público que resulte de aplicación.






















As fotografías empregadas serán de uso interno e non se publicarán nin compartirán en redes sociais nin en internet. A actividade está aberta tamén a nenos e nenas doutros concellos.
Ademais da intervención arqueolóxica de 2026, o Concello achega 7.500 euros para restaurar a cabaña C-2, lembrando que “Seguimos apostando por el patrimonio arqueológico y el desarrollo arqueológico del concejo”. Tamén se mellorou o acceso ao xacemento, e o castro consolídase como un recurso turístico en crecemento, clave para avanzar na desestacionalización.
Entre as 10:00 e as 14:00 horas haberá arredor dunha decena de postos con produtos agroecolóxicos e de proximidade, ademais dun punto informativo para persoas interesadas en emprender no sector e actividades infantís. A alcaldesa Marta Rouco destaca que a feira busca dar vida ao centro da vila e visibilizar o rural como espazo de emprendemento, mentres que a concelleira Paula Vigo salienta a colaboración con A Estruga para ampliar a oferta habitual do mercado. O Concello anima á veciñanza a achegarse e coñecer os proxectos participantes.
Nesta ocasión, o grupo desprazouse ata A Pontenova para realizar un percorrido de 17 quilómetros que combinou a Ruta dos Fornos, a Ruta do Ferrocarril e a Ruta do Muiñeiro Namorado. A actividade, de dificultade baixa, iniciou o seu percorrido na Praza dos Fornos da Pontenova e rematou en San Tirso de Abres.
A programación do último trimestre inclúe Maiores con Arte, Moito máis que café, Entre risas e animación domiciliaria. Tras os obradoiros iniciados en maio, o Concello mantén o contacto cos participantes e leva as propostas ás asociacións para facilitar novas incorporacións. Na presentación explicaranse as formas de participación e os servizos dispoñibles. O programa conta co apoio da Consellería de Dereitos Sociais e Benestar do Principado de Asturias.
O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.
O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.



