Ribadeo, 1 de outubro de 2019. O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, valora de xeito positivo o resultado da reunión mantida hoxe na Xunta para solucionar os problemas do abastecemento de auga a Ribadeo e Trabada.
O rexedor dixo que “esta xuntanza que mantivemos hoxe a tres bandas (o Concello de Trabada, o Concello de Ribadeo e a Xunta de Galicia, a través da conselleira de Infraestruturas) foi unha reunión positiva porque sempre que alguén se xunta para intentar buscar unha saída a un problema común, no que todo o mundo se ten que implicar, valórase positivamente que se intenten poñer de todas as partes o esforzo e o ánimo para seguir traballando de cara a buscar canto antes unha saída a esta problemática dunha tubaxe que ten moitos anos, que é moi vella, pero que dá subministro a milleiros de persoas entre Trabada e Ribadeo, que rompe frecuentemente e que o día menos pensado nos podemos quedar sen subministro de auga por unha rotura que non se poida reparar con certa celeridade”.
Suárez Barcia contou que “de aí que por parte da Xunta vaise volver revisar ese proxecto que tiña feito do ano 2011, desde os Concellos de Trabada e Ribadeo aportaremos as opinións técnicas honestas que consideremos para mellorar o proxecto e tamén, desde logo, chamaremos a todas as portas, tamén ás da Deputación e ás do Ministerio de Medio Ambiente ou da Confederación Hidrográfica porque entendemos que é un proxecto supramunicipal e que todo o mundo ten que poñer o seu grao de area para lograr que todo isto vaia adiante”.
O alcalde ribadense engadiu: “polo tanto pola nosa parte vémolo moi positivamente e esperamos seguir traballando con discreción, pero co ánimo de buscar unha solución que resolva estes problemas endémicos que estamos padecendo desde hai moitos anos”.





















Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
A directora, Ana Traseira, e o brand manager, Carlos García, representaron ao centro lucense, que presentou a experiencia “A comunicación: unha nova ponte cara Lugo”, recoñecida co Accésit do Consello Social da UNED 2025. O proxecto destaca pola súa aposta pola innovación, a proximidade e a mellora continua na relación coa contorna. A UNED de Lugo agradeceu a oportunidade de participar nun espazo que reforza a colaboración e contribúe a construír unha universidade máis conectada, accesible e comprometida.
O curso, impulsado polo Principado de Asturias, desenvolverase en modalidade semipresencial con sete sesións presenciais na Sala El Pajar de As Quintas (A Caridá), en horario de 16:00 a 19:00 horas. A formación é de nivel básico e está aberta tanto a persoas sen experiencia previa como a quen queira iniciarse na fala. As inscricións poden realizarse a través da plataforma da Federación Asturiana de Concejos. O Concello destaca que esta iniciativa contribúe á preservación do patrimonio lingüístico e cultural do territorio.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.



