Xermade, 12 de novembro de 2019.- O director xeral de Enerxía e Minas, Ángel Bernardo Tahoces, acompañado polo delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, destacou hoxe na inauguración do curso de visitas do parque eólico experimental de Sotavento, en Xermade (Lugo), o papel destas instalacións na investigación, divulgación e formación en eficiencia enerxética e renovables.
Na súa intervención, o director xeral sinalou que as instalacións, con 18 anos de existencia, reciben unha media de 15.000 visitas ao ano, transmitindo aos máis novos a necesidade de defender o medio ambiente e o papel que xogan nese eido as enerxías renovables. Do mesmo xeito, apuntou que Sotavento conta con medios técnicos e instalacións como a vivenda bioclimática e outras instalacións demostrativas que o converten no lugar idóneo para o desenvolvemento de proxectos de I+D+i.
Coincidindo coa apertura do curso de visitas, inaugurouse tamén nas instalacións do parque a exposición Mare plasticum, que consta dunha serie de obras feitas con lixo de plástico recollido nas praias polos autores, o artista austríaco Wolfgang Trettnak e a pintora galega Margarita Cimadevila. Combinando arte e ciencia, a exposición trata a contaminación do mar por materiais plásticos e aborda outros temas relacionados coa defensa da sustentabilidade nas costas.























Durante tres días desfrutan dun programa intenso de actividades na natureza: montaxe e desmontaxe do campamento, surf en Esteiro, tiro con arco, xincana e diversos xogos. A iniciativa está promovida polas Concellerías de Xuventude e Deporte xunto coa Oficina de Información Xuvenil.
Olimpia López, supervisou hoxe en Cospeito un control da campaña de velocidade da DGT, que busca previr sinistros nun verán de maior tráfico. Lembrou que a velocidade inadecuada está presente no 22 % dos accidentes mortais e apelou á responsabilidade dos condutores: cada km/h conta para salvar vidas.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
A convocatoria está fixada para as 19.30 horas no salón de sesións da Casa Consistorial. Un dos puntos da orde do día inclúe a proposta para designar as festividades locais de 2027. Tamén se presentarán dous expedientes de recoñecemento extraxudicial de crédito. Ademais, a corporación someterá a aprobación as actas das sesións celebradas os días 8 e 15 de xullo. A orde do día completarase coa parte de control, na que se dará conta das resolucións da Alcaldía e se abrirá a quenda de rogos e preguntas.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.



