Lugo, a 26 de novembro de 2019. O Grupo Provincial Popular defendeu no pleno deste martes 26 de novembro que o pleno reclamara ao Goberno do Estado a abonar de xeito inmediato a totalidade dos fondos que corresponden á Comunidade Autónoma de Galicia en cumprimento dos sistema de financiamento autonómico e que aínda retén, ao obxecto de poder destinar parte destes recursos á mellora das dotacións tecnolóxicas dos hospitais públicos galegos, sempre que os servizos técnicos sanitarios os consideren axeitados.
Así o reclamaron en relación á implantación de técnicas robotizadas Da Vinci no Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA) porque “este servizo require un custe importante”. Con todo, dende o Grupo Provincial do PP sinalaron o seu apoio ás melloras que se podan dar na provincia no ámbito sanitario e recordaron que “o Sergas está en negociacións co fabricante para instalar esta eficaz plataforma robótica nos diferentes hospitais públicos galegos”. Polo tanto, sinalaron os populares que “co diñeiro que debe o Goberno central, probablemente non estariamos a falar da necesidade da súa implantación, senón dun feito”. É dicir, “poñen deberes á Xunta cando o moroso é o Goberno do PSOE”.
O deputado popular Pablo Taboada defendeu que “o ámbito sanitario galego se atopa na vangarda dende os últimos dez anos de goberno de Feijóo durante os que os investimentos foron moi importantes para a nosa provincia permitindo poñer en marcha o HULA e dotalo de servizos e importantes melloras como é o caso da instauración da técnica da laparoscopia en substitución da cirurxía aberta tradicional realizada a través de grandes incisións. Foi unha gran aposta da consellería de Sanidade”, incidiu, “como técnica para a cirurxía abdominal nos centros hospitalarios do sistema sanitario galego” para o que levou a cabo un “importante esforzo de medios e formación que precisan, polo tanto, de dotación orzamentaria”.
“Varias comunidades autónomas teñen xa implantada esta técnica, pero outras moitas aínda non contan con ningún robot instalado a día de hoxe sendo o caso de comunidades gobernadas polo PSOE –Aragón, Estremadura, Castela A Mancha, Asturias, Baleares ou Canarias-“, fixeron constar os populares.
Finalmente, Taboada insistiu en que “o Goberno do Estado pague o que debe a tódolos galegos e galegas, e non ao Partido Popular”, para facilitar que “estas técnicas das que estamos a falar poidan ser acometidas en breve”. De feito, defenderon “a sensibilidade da Xunta con esta técnica ao abordala nas XXII Xornadas Cirúrxicas da Sociedade Galega de Uroloxía que se celebraban fai un mes no Hospital Comarcal de Monforte e onde se mostrou, por primeira vez na nosa provincia, o robot Da Vinci en intervencións relacionadas co aparato urinario”. Nas conclusións finais destas xornadas a consellería avanzou as negociacións do Sergas co fabricante para a súa implantación en Galicia.










O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



