O autobús vai enchéndose: Ribadeo, Barreiros, Vilanova, Mondoñedo… aínda non son as sete e media e as prazas están todas ocupadas. Esta xente madruga. Ó traballo? En certo xeito si: ó traballo de defender os seus dereitos despois dunha vida laboral que xa ten rematado.
Vellos coñecidos a través dos anos, de toda unha vida, aumentan o seu círculo de amizades na loita común, transversal a traverso de desenvolvementos laborais moi diversos, sexo diferente ou idades nunha gama limitada, aínda que extensa.
Amence mentres as conversas cruzadas contemplan o futuro, o presente e o pasado: negro na imaxinación do que ven, gris como o día desapacible que amence e de cores de todo tipo e matiz na ilusión verquida sobre unha vida enteira.
A xeración que viu a inflexión da historia, dende os tempos duros social e económicamente da ditadura á esperanza da democracia e á actualidade de golpes sen control, con guante branco pero non por iso menos duros a medio prazo, volve a loitar.
Aínda que á volta á loita é dalgúns. A falta de participación coméntase e critícase camiño da manifestación en Santiago ou mesmo alí: máis de 700 000 maiores de 65 anos, é dicir, tres cuartos de millón de galegos afectados directamente pola idade, son representados na loita por unhas 500 persoas que marchan do Toural ó Parlamento. 1 de cada 1500. Hai moitos e motas que por diversas razóns non poden estar alí, mais o ‘Que loiten por min…’ pronunciado dun ou outro xeito, con esas ou outras verbas que veñen dicir o mesmo está na mente de moita xente. Algo parello a aquelo de ‘ande eu quente…’, mais neste caso máis ben hai xa friaxe que calor para moitas persoas en estado de necesidade. Quizáis quen vai no autobús, de media, non é quen máis necesita protestar polas súas condicións particulares: os loitadores e loitadoras foron loitando tamén para mellorar xa no seu día a día anterior, e son por iso conscientes de que é necesario facelo, é necesario defender os dereitos de todos, dos afectados que non van ás manifestacións ós que se verán afectados no futuro mentres notan no presente a afección de contratos-lixo.
E é que Modepen, a plataforma dos pensionistas, é transversal. Incide nas pensións, pero sendo conscientes de que antes houbo -hai- unha vida de traballo que dignificar, que uns traballadores que se afaigan a ser maltratados non teñen futuro tampouco como pensionistas. Ven claro que se se quere futuro, non se poden descoidar cousas como o coidado da Terra, como tamén o teñen claro e o están amosando os máis novos. Non, non é unha manifestación ‘clasista’, senón interclasista, multietaria ou feminista no sentido da conscienca do longo camiño por recorrer para igualdade e das oportunidades que representa esa comunidade. Por riba de partidos -que xa non ningunean o movemento do mesmo xeito que ó comezo-, de ideas sobre cousas concretas, a comunidade vai aumentado a camaradería. E a todas luces, despois de xa moito tempo de mobilizacións, está claro que continuará no futuro, pero tamén na aglutinación de máis xente e no aumento da súa influencia, seguindo unha traxectoria que atopa eco noutros paises. E trabando conexión e aproveitando sinerxias con outros movementos que sobrepasan o nivel local, como os ambientalistas, feministas ou altermundistas: outro mundo é posible, outra vellez, tamén.



















Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
O 112 Galicia tivo constancia do accidente arredor das 13:20 horas deste martes. Segundo varios particulares, dous turismos colidiran no quilómetro 79 da LU-862. Nun vehículo había un ferido, mentres que no outro unha persoa estaba atrapada, aínda que se atopaba en bo estado trala colisión. Desde o CIAE 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Viveiro, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Vicedo. Unha vez no punto, a dotación de bombeiros puido liberar á persoa atrapada.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.