Burela, 15 de xaneiro, 2020. Vista Alegre viviu unha festa goleadora de Copa do Rei co triunfo de oitavos no derbi irmandiño ante O Parrulo FS (7-1) e engalanada co debut dos xuvenís Quelle e Renato Rodrigues. Tres dianas en tres minutos, entre o 26 e o 29, ampliaron a lixeira vantaxe do 2-1 ao descanso dos de Juanma Marrube, nun partido moi traballado e seguindo a inercia experimentada ante Magna, para achegarse con tranquilidade á seguinte rolda e completando co 7-1. A eliminatoria de cuartos disputarase entre o 11 e o 12 de febreiro; os tres encontros previstos para mañá completarán a lista de protagonistas, con Betis, Talavera, Cartagena e Santa Coloma clasificados xa hoxe xunto aos da Mariña.
A maxia do 10 burelista abriu o electrónico no minuto 4, ao grande, desde saque de esquina de Joselito. Pope intentouno nada máis saltar á pista, ante un Illi moi atento que a sacou co pé, no 5. Nos seguintes compases, Diego Núñez evitou o segundo laranxa baixo paus cun lanzamento de Joselito, case desde media pista. Mata, no 7, dispuxo da pena máxima, pero o disparo raso foi a parar ás mans do meta ferrolán. A piques de chegar ao ecuador e con cinco faltas, os de Héctor Souto atoparon o revulsivo necesario, co empate, nas zapatillas de Hélder, que empuxou unha tentativa de Adri. Pelexaron os do Mariskal para recuperar a vantaxe. Probaron Renato e Lucho sen fortuna; intentouno Mata ante un pé de Illi, que de novo freou dúas de ouro dos mariñáns, no 13, en dobre penalti do 10, e no 15, de Álex Diz. Entre elas Adri fixo tremer a rede de M. Kaluza, pero estábano merecendo os locais e chegou no 15, cun pase de Álex Diz desde o lateral que cazou prodixiosamente Luisma ao segundo pau. Que mágoa! Aínda coa celebración do 2-1, o terceiro estrelouse contra o pau nunha chilena de Pope.
Volveron ao parqué as dúas escuadras con perigo; o primeiro en avisar foi Pitero e respondeu Diego Núñez. Os da Mariña romperon o partido; conseguiron dar tranquilidade ao marcador con dúas aparicións maxistrais no 26 e 27, con Álex Diz a pase de Luisma, e Matamoros de lonxe con Pope merodeando a rede. O 22 laranxa subiu o 5-1 con máis de 11 minutos aínda por diante, sorteando a defensa parrula, e pouco despois Pope, asistido por Renato, subiu o sexto. Non puideron acurtar distancias os de Héctor Souto, no 32, con Adri e Iván Rumbo e tampouco no dobre penalti de Adri, no 34, que desartellou Kaluza. Tras a segunda amarela a Kevin, Renato rubricou o 7-1, no 36, a balón parado.
Ficha técnica
Pescados Rubén Burela FS: M. Kaluza, Lucho, Pitero, Matamoros, Renato, cinco inicial; tamén xogaron Joselito, Luisma, Álex Diz, Pope, Quelle, Renato Rodrigues
O Parrulo FS: Illi, Adri, Saura, Miguel, Hélder, cinco inicial; tamén xogaron Iván Rumbo, Raúl, Diego Núñez, Kevin Chis, Miguel Caeiro, Yago Tenreiro
Goles: 1-0, minuto 4, Matamoros; 1-1, minuto 10, Hélder; 2-1, minto 15, Luisma; 3-1, minuto 26, Álex Diz; 4-1, minuto 27, Pope; 5-1, minuto 29, Álex Diz; 6-1, minuto 30, Pope; 7-1, minuto 36, Renato
Árbitros: Carreira Romero // Ferrero Carballal. Por Burela amarela a Pope (minuto 5), Joselito (minuto 17), Lucho (minuto 24), Renato (minuto 34). Por Ou Parrulo amarela a Raúl (minuto 5), Saura (minuto 10), Kevin Chis (minuto 26 e 36), Illi (minuto 36).
Incidencias: Partido correspondente a oitavos de Copa do Rei disputado en Vista Alegre antes uns 900 afeccionados/as, coa presenza do vicepresidente da RFGF, Carlos Méndez, e o responsable do CGFS, Pablo Prieto, ademais do xefe de Deportes da Xunta de Galicia en Lugo, Manuel Otero, entre outras autoridades.























A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
Destacou o seu valor como punto de encontro e motor económico e cultural da comarca. Arias puxo en valor o labor do Concello por manter eventos de referencia como a Moexmu, esta feira e a próxima Festa da Filloa, que contribúen a promover o sector agrogandeiro e a tradición galega.
A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
