Triacastela, 7 de febreiro de 2020. A conselleira de Política Social, Fabiola García, anunciou esta mañá que nas vindeiras semanas sairá publicada unha convocatoria extraordinaria de axudas para levar as casas niño aos concellos galegos que non teñen nin escola infantil nin outro centro semellante. Díxoo durante a visita á casa niño de Triacastela á que acoden diariamente cinco nenas e nenos de 0 a 3 anos sen custe algún para as súas familias e na que estivo acompañada do delegado territorial da Xunta de Galicia en Lugo, José Manuel Balseiro. Fabiola García explicou que o obxectivo desta medida é estender estes recursos de conciliación aos 23 municipios da nosa comunidade que hoxe carecen deles, catro veces menos dos que estaban nesta situación en 2009. Tamén salientou a boa acollida desta iniciativa pensada e deseñada para as familias con fillos que viven no rural. Nesta lexislatura o Executivo autonómico xa concedeu axudas para a creación de 76 casas niño por toda a xeografía galega, unha vintena delas na provincia de Lugo. A conselleira de Política Social asegurou que conciliar hoxe en Galicia é máis doado que nunca ao poñer a disposición das familias as casas niño; a Tarxeta Benvida, con melloras para as familias con tres ou máis nenos e para as que viven no rural; ou a gratuidade da educación infantil de 0 a 3 anos para os segundos fillos e sucesivos. Ademais, salientou o feito de que Galicia é a primeira Comunidade Autonómica que contará cunha Lei de impulso demográfico.






















As fotografías empregadas serán de uso interno e non se publicarán nin compartirán en redes sociais nin en internet. A actividade está aberta tamén a nenos e nenas doutros concellos.
Ademais da intervención arqueolóxica de 2026, o Concello achega 7.500 euros para restaurar a cabaña C-2, lembrando que “Seguimos apostando por el patrimonio arqueológico y el desarrollo arqueológico del concejo”. Tamén se mellorou o acceso ao xacemento, e o castro consolídase como un recurso turístico en crecemento, clave para avanzar na desestacionalización.
Entre as 10:00 e as 14:00 horas haberá arredor dunha decena de postos con produtos agroecolóxicos e de proximidade, ademais dun punto informativo para persoas interesadas en emprender no sector e actividades infantís. A alcaldesa Marta Rouco destaca que a feira busca dar vida ao centro da vila e visibilizar o rural como espazo de emprendemento, mentres que a concelleira Paula Vigo salienta a colaboración con A Estruga para ampliar a oferta habitual do mercado. O Concello anima á veciñanza a achegarse e coñecer os proxectos participantes.
Nesta ocasión, o grupo desprazouse ata A Pontenova para realizar un percorrido de 17 quilómetros que combinou a Ruta dos Fornos, a Ruta do Ferrocarril e a Ruta do Muiñeiro Namorado. A actividade, de dificultade baixa, iniciou o seu percorrido na Praza dos Fornos da Pontenova e rematou en San Tirso de Abres.
A programación do último trimestre inclúe Maiores con Arte, Moito máis que café, Entre risas e animación domiciliaria. Tras os obradoiros iniciados en maio, o Concello mantén o contacto cos participantes e leva as propostas ás asociacións para facilitar novas incorporacións. Na presentación explicaranse as formas de participación e os servizos dispoñibles. O programa conta co apoio da Consellería de Dereitos Sociais e Benestar do Principado de Asturias.
O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.
O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.



