Lugo, 7 de febreiro de 2020. A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou este venres un conxunto de Plans de Seguridade e Saúde no Traballo das obras de rehabilitación do firme de 9 estradas provinciais de 5 concellos nos que a institución provincial investirá máis de 1millón de euros. Así o anunciou a voceira socialista do Goberno, Pilar García Porto, que explicou “que este é o último trámite para que estas obras podan iniciarse, que será nos próximos días de forma inmediata, xa que todas elas estarán rematadas antes de 6 meses”.
No caso da Fonsagrada, trátase da rehabilitación da estrada LU-P-1911 que conecta Mesón Novo co Ventorrillo e con Chao de Vaga, entre os puntos quilométricos 7,5 e 9,5; e entre o 11,5 e 14,3. Un total de 5 quilómetros nos que se invisten 198.199 €.
No concello de Monforte de Lemos e no da Pobra do Brollón “imos comezar a rehabilitación da estrada LU-P-3203 que conecta o núcleo de Monforte con Rozabales; e tamén a LU-P-4702 que vai dende Vilachá ata a Pobra do Brollón”, sinalou García Porto. Nesta obra arranxaranse preto de 7,5 quilómetros e vanse investir 264.000€.
Pola súa banda, no concello da Pontenova as obras que se van executar son na estrada LU-P-4802 que conecta Santalla-Navallo con Ponte Soutelo, entre os quilómetros 8 e11; tamén se vai actuar na LU-P-4806, a vía que vai dende Vilaxe ata Ribeira de Piquín nun treito de máis de 2 quilómetros; e na LU-P-4809, estrada que conecta a parroquia de Conforto con Souto de Mogos, nun treito de máis de 1 quilómetro. Un total de 6 quilómetros e medio nos que se invisten 310.000€.
Ademais, no concello de Chantada vaise mellorar o firme da estrada provincial LU-P-1802, que une Chantada co encoro de Belesar; tamén a LU-P-1804, que conecta Touza con Ponte de San Fiz e a LU-P-1809, que discorre entre Chantada e Antas de Ulla. En total son case 9 quilómetros e medio e nestas tres vías provinciais invístense 317.000€.
Polo demais, a Xunta de Goberno deste venres tamén aprobou a contratación do servizo de mantemento dos elevadores e portas automáticas dos Centros de Atención a Maiores da Deputación en Trabada, Pol, A Fonsagrada, Pedrafita do Cebreiro e Castroverde. O importe deste contrato para as anualidades deste 2020 e do 2021 ascende a 11.572€.






















As fotografías empregadas serán de uso interno e non se publicarán nin compartirán en redes sociais nin en internet. A actividade está aberta tamén a nenos e nenas doutros concellos.
Ademais da intervención arqueolóxica de 2026, o Concello achega 7.500 euros para restaurar a cabaña C-2, lembrando que “Seguimos apostando por el patrimonio arqueológico y el desarrollo arqueológico del concejo”. Tamén se mellorou o acceso ao xacemento, e o castro consolídase como un recurso turístico en crecemento, clave para avanzar na desestacionalización.
Entre as 10:00 e as 14:00 horas haberá arredor dunha decena de postos con produtos agroecolóxicos e de proximidade, ademais dun punto informativo para persoas interesadas en emprender no sector e actividades infantís. A alcaldesa Marta Rouco destaca que a feira busca dar vida ao centro da vila e visibilizar o rural como espazo de emprendemento, mentres que a concelleira Paula Vigo salienta a colaboración con A Estruga para ampliar a oferta habitual do mercado. O Concello anima á veciñanza a achegarse e coñecer os proxectos participantes.
Nesta ocasión, o grupo desprazouse ata A Pontenova para realizar un percorrido de 17 quilómetros que combinou a Ruta dos Fornos, a Ruta do Ferrocarril e a Ruta do Muiñeiro Namorado. A actividade, de dificultade baixa, iniciou o seu percorrido na Praza dos Fornos da Pontenova e rematou en San Tirso de Abres.
A programación do último trimestre inclúe Maiores con Arte, Moito máis que café, Entre risas e animación domiciliaria. Tras os obradoiros iniciados en maio, o Concello mantén o contacto cos participantes e leva as propostas ás asociacións para facilitar novas incorporacións. Na presentación explicaranse as formas de participación e os servizos dispoñibles. O programa conta co apoio da Consellería de Dereitos Sociais e Benestar do Principado de Asturias.
O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.
O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.



