A Coruña, 11 de febreiro, 2020. A CIG entende que o borrador do novo decreto electrointensivo non permite sentar as bases dunha tarifa industrial predicíbel, estábel e competitiva e cae nos mesmos erros que o primeiro texto: indefinición sobre cuestións como a compensación por CO2, non libera a factura dunha parte importante dos custes alleos ao sistema, non é garantista en relación ao emprego e condicións laborais, e liga máis da metade do impacto económico que poida ter a medida ao que se aprobe nos Orzamentos Xerais do Estado. Diante disto, a CIG vai presentar alegacións, como xa fixo co anterior borrador, na liña da proposta de tarifa eléctrica elaborada pola central en outubro de 2018.
O secretario xeral da CIG, Paulo Carril, que onte estivo na reunión en Madrid con ocasión da presentación do Estatuto por parte do Ministerio de Industria e o de Transición Ecolóxica, denuncia que, unha vez máis, “o Goberno español chega tarde e cunha proposta insuficiente para reverter a situación de crise nas industrias electrointensivas a causa dos elevados custes enerxéticos”.
No borrador do decreto, o prezo probábel de redución na tarifa eléctrica vincúlase nun 57% con medidas que non están dentro do propio estatuto ou, no caso de contemplárense no texto da norma, teñen un carácter compensatorio e dependen dos Orzamentos Xerais do Estado. Neste senso, faise unha previsión de compensación polas emisións de CO2 de arredor de 5,5 euros menos por tonelada e en canto a compensación por cargos falan dunha media de 2-3 euros, mais todo ligado aos OXE. Sobre este punto, a CIG critica que o Goberno español non chegue ao máximo da compensación que permite a Unión Europea.
Doutra banda, Carril entende que a proposta do Goberno adoece de eliminar da tarifa actual moitas das peaxes que non teñen que ver co funcionamento do sistema eléctrico. “O Goberno non está indo por esa liña, onde se podería recortar unha parte substancial do custe enerxético”, apunta.
No resto da porcentaxe de rebaixa, o Goberno encoméndase na “fe cega” ás PPAs “e a crer que existirá unha capacidade de produción por renovábeis que permita reducir o prezo da electricidade”. “Polo tanto, valora Carril, non se establece a estrutura dunha tarifa industrial que sexa estábel, predicíbel e competitiva e que realmente sirva para frear as ameazas e o risco permanente sobre a actividade produtiva e miles de empregos “.
En canto ás obrigas das empresas por acollerse estas bonificacións, a CIG denuncia que non se lle están a esixir ás compañías as garantías de emprego suficientes. “Nós entendemos que as esixencias ás empresas no só deberan estar relacionadas co mantemento do emprego no tempo, senón que entendemos que toda empresa que reduza en máis dun 20% a súa produción ou os postos de traballo actuais, ou que non respecte as condicións laborais, debera ser excluída automaticamente da posibilidade de recibir estas axudas”.
Pero, pola contra, a formulación de garantía de emprego que recolle o RD permite ás empresas reducir até un 85% os seus cadros de persoal ou da actividade e seguir acollidas as axudas. Algo que para a CIG resulta inxusto e contrario aos propios principios motivadores do RD.




















A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



