Foz, 12 de febreiro de 2020. O CCA focense organiza a décima edición da Festa da Cociña Afrodisíaca, que se celebrará do 14 ao 16 de febreiro. Unha ducia de locais hostaleiros ofrecerán tapas afrodisíacas ao prezo de 1´5 euros. Entre as propostas que poderemos atopar non faltarán propostas elaboradas con ostras, fresas, chocolate, algas, aguacate ou améndoas, entre outras. Os locais participantes son: A Ribeira, A Funcional, O Lar, Cafetería Mayros, Xoyma, Anduriña, Portochico, Casa Damián, Tangarte Mariñeiro, Tangarte Mesón, Brasas e Hotel Oca.
E tamén haberá doces afrodisíacos en Foz desde mañá, día 13, e ata o vindeiro domingo, que elaborarán as pastelerías Amarena, Anduriña e Xoyma e que venderán ao prezo de 2 euros.
Por outra banda, moitos establecementos hostaleiros contarán con menús especiais para celebrar San Valentín ás comidas e ás cenas durante a vindeira fin de semana.
A Festa da Cociña Afrodisíaca enmárcase na campaña de San Valentín de ACIA/CCA de Foz, que sorteará 500 euros en premios. Na cita participan un total de 77 comercios e as persoas que realicen as súas compras neses establecementos recibirán papeletas para entrar no sorteo, que se celebrará o 17 de febreiro (luns), a través de Radio Foz. Os premios consistirán nun vale de compra de 200 euros e outros seis de 50 euros cada uno.
























A convocatoria está fixada para as 19.30 horas no salón de sesións da Casa Consistorial. Un dos puntos da orde do día inclúe a proposta para designar as festividades locais de 2027. Tamén se presentarán dous expedientes de recoñecemento extraxudicial de crédito. Ademais, a corporación someterá a aprobación as actas das sesións celebradas os días 8 e 15 de xullo. A orde do día completarase coa parte de control, na que se dará conta das resolucións da Alcaldía e se abrirá a quenda de rogos e preguntas.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.
Villares destacou que a Administración autonómica reafirma o seu compromiso con esta cita, adicada a enxalzar a calidade deste produto do mar e a poñer en valor o esforzo dos profesionais do sector. Así mesmo, subliñou a importancia das festas gastronómicas na promoción turística e na dinamización económica da zona.
Este lume comezou o pasado mércores ás 13,35 horas e afectou finalmente unha superficie de 31,5 hectáreas de monte arborado. Para a súa extinción mobilizáronse, en total, 2 técnicos, 13 axentes, 27 brigadas, 24 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
Félix Jorquera pasou polos micrófonos de RadioVoz no Barco Museo Boniteiro Virxe do Carme ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.



