Burela, 12 de febreiro, 2020. O Pescados Rubén Burela FS despídese da Copa do Rei rozando a xesta en cuartos nun desafío máximo ante o campión, FC Barcelona, e co Palau como escenario. Os pupilos de Juanma Marrube plantaron cara a un dos grandes nunha cita na que houbo de todo, ofrecendo rendemento e fortaleza sen complexos. A Alma Laranxa conseguiu adiantarse no luminoso e aguantou o empate na primeira parte; despois soubo como remar contra corrente remontando un 3-1 ante o xigante blaugrana forzando así a prórroga, aínda que a fortuna se esvaeu na rolda de penaltis. Agora toca a liga, non sen menos esixencia. Porque o demostraron e porque o merecen, os burelistas teñen que sentir a calor da Bomboneira máis ca nunca; este sábado Vista Alegre debe asolagarse de laranxa para brillar ante a visita de ElPozo Murcia (18.30 horas).
A maxia de Matamoros atopou recompensa xa no minuto 3, asistido por Renato. Tras a dobre intervención de Edu ante Lozano e Daniel no minuto 12, o conxunto galego apostou por xogo de cinco con Álex Diz con cesión a Mata. Igualou a contenda Marcenio no 15 e a esencia burelista soubo conter o seu torrente para conservar as táboas durante o primeiro acto.
Os todopoderosos tomaron a iniciativa no marcador tras o descanso, con vantaxe ata o 3-1 en tan só un minuto, roldando o 15, con Lozano tras saque de esquina e pouco despois Ximbinha. Responderon os do Mariskal con Joselito como porteiro xogador e atoparon o premio antes do ecuador deste acto, con Xande que cazou o rexeite de Diz tras primeira tentativa de Matamoros. A alianza entre o 15 brasileiro e o 10 de ouro desencadearon no empate, con 9 minutos aínda por diante e para forzar a prórroga e chegar aos penaltis. A final four escapou ante o pleno de acertos dos blaugranas.
Ficha técnica
FC Barcelona: Juanjo, Boyis, Joselito, Adolfo, Roger, cinco inicial; tamén xogaron Ximbinha, Marcenio, Lozano, Rivillos, Dyego, Daniel
Peixes Rubén Burela FS: Edu, Matamoros, Renato, Pixote, Álex Diz, cinco inicial; tamén xogaron Lucho, Joselito, Xande, Luisma, M. Kaluza
Goles: 0-1, minuto 3, Matamoros; 1-1, minuto 15, Marcenio; 2-1, minuto 25, Lozano; 3-1, minuto 26, Ximbinha; 3-2, minuto 29, Xande; 3-3, minuto 31, Matamoros
Penaltis: 0-1, Matamoros; 1-1, Boyis; 1-1, Renato; 2-1, Lozano; 2-2, Pixote; 3-2, Dyego
Árbitros: Por Barcelona amarela a Lozano, Joselito. Por Burela amarela para Renato, Matamoros


























Neste curso a actividade estará dispoñible para as nosas pequenas Xoias e para alumnado externo, cunha sesión semanal, a cargo de Yasmin Toledo e Patrícia Sousa, do equipo de Segunda División. O alumnado poderá escoller o seu horario de adestramento entre os luns (16:00 h.-17:00 h., Vista Alegre) e os venres (19:30 h.-20:30 h., Monte Castelo). A actividade terá un custo de 6€/mes para o alumnado da escola laranxa e 24€/mes para o alumnado externo.
Un particular informou minutos despois das 11 horas deste xives dun camión que transportaba formigón envorcado no quilómetro 68 da N-640, á altura da parroquia de Ramil (Castro de Rei). Segundo explicou o mesmo alertador, o condutor permanecía no interior da cabina e outros dous turismos estaban implicados no accidente. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitouse a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Garda Civil de Tráfico, dos Bombeiros de Vilalba e dos servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros confirmaron que non tiveron que excarcerar, pois a persoa estaba xa fóra do vehículo cando chegaron ao punto. Así, colaboraron na limpeza da vía cos servizos de mantemento da estrada.
Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falará coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá.
Ademais da intervención arqueolóxica de 2026, o Concello achega 7.500 euros para restaurar a cabaña C-2, lembrando que “Seguimos apostando por el patrimonio arqueológico y el desarrollo arqueológico del concejo”. Tamén se mellorou o acceso ao xacemento, e o castro consolídase como un recurso turístico en crecemento, clave para avanzar na desestacionalización.
Entre as 10:00 e as 14:00 horas haberá arredor dunha decena de postos con produtos agroecolóxicos e de proximidade, ademais dun punto informativo para persoas interesadas en emprender no sector e actividades infantís. A alcaldesa Marta Rouco destaca que a feira busca dar vida ao centro da vila e visibilizar o rural como espazo de emprendemento, mentres que a concelleira Paula Vigo salienta a colaboración con A Estruga para ampliar a oferta habitual do mercado. O Concello anima á veciñanza a achegarse e coñecer os proxectos participantes.
Nesta ocasión, o grupo desprazouse ata A Pontenova para realizar un percorrido de 17 quilómetros que combinou a Ruta dos Fornos, a Ruta do Ferrocarril e a Ruta do Muiñeiro Namorado. A actividade, de dificultade baixa, iniciou o seu percorrido na Praza dos Fornos da Pontenova e rematou en San Tirso de Abres.
O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.
