
O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, mantén un encontro con representantes das empresas electrointensivas.
Santiago de Compostela, 18 de febreiro de 2020. O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, destacou hoxe a “unidade clara e a visión compartida” entre a Xunta e a industria electrointensiva á hora de presentar as alegacións ao Estatuto do Goberno para que se poida establecer un prezo eléctrico competitivo. Así o manifestou logo de manter un encontro con representantes das principais empresas galegas deste sector.
Na xuntanza, o conselleiro tivo ocasión de avaliar coas elas o Estatuto do Goberno, como tamén fixo onte o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, nun encontro cos traballadores de Alcoa San Cibrao. A conclusión, segundo Conde, é que o Goberno perdeu máis dun ano nun Estatuto que non dá resposta ao que esta industria precisa e demanda.
“Trátase de ter unhas medidas que realmente reflictan as necesidades que neste momento teñen as empresas, máis, nun contexto no cal o borrador nos pon nunha situación peor que a de partida”, abondou. Segundo dixo, o escenario é peor porque “as empresas electrointensivas que máis axudas necesitan reciben menos e, ao mesmo tempo, ábrese a máis de 450 empresas que antes non estaban no sistema de consumidores electrointensivos para que se poidan beneficiar”.
Neste sentido, lamentou que, ao incrementar o número de posibles empresas beneficiarias, o Goberno non estea a mostrar con Galicia a mesma sensibilidade que con outras comunidades como Cataluña e País Vasco, prexudicando ás industrias galegas que consomen máis electricidade.
O conselleiro censurou que o Goberno estea a utilizar a política enerxética como “un instrumento de discriminación territorial” cando neste proceso de transición enerxética a prioridade ten que ser o emprego e dar resposta ás necesidades o sector. “O Goberno estalle dicindo un non á industria electrointensiva en Galicia e en España”, enfatizou, para sinalar que deixa de lado medidas que xa se están aplicando noutros países.
Medidas como as que Galicia vai presentar como alegacións e que incidirán na necesidade de categorizar os consumidores electrointensivos incluíndo a figura do hiperelectrointensivo; en establecer medidas compensatorias en función da categoría do consumidor e compensacións polas emisións de indirectas de dióxido de carbono nos importes máximos previstos na normativa comunitaria; e, ademais, no mantemento do servizo de interrompebilidade.
Fronte a isto, criticou que o borrador presentado polo Executivo central non recoñece a figura do consumidor hiperelectrointensivo, nin recolle descontos nas peaxes de transporte, nin a compensación do imposto de xeración e tampouco garante a rebaixa do prezo eléctrico ata os 35-40 euros por megavatio/hora.
As alegacións que vai presentar Galicia “cunha única voz”, proseguiu, son “previsibles, porque xa llas temos trasladado ao Goberno; realistas, porque buscan encontrar un prezo competitivo; e legais, porque son medidas que xa se están aplicando noutros países de Europa”. “É cuestión de vontade política”, dixo, e reiterou que de non ser incluídas no borrador do Estatuto, “faise inviable o sector”.





















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



