Lugo, 20 de febreiro de 2020. A subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, avaliou hoxe a contribución que realizan as forzas e corpos de seguridade do Estado na mellora da convivencia e a seguridade nos centros educativos da provincia. Rodríguez presidiu esta mañá a reunión de constitución da Comisión provincial de seguemento do Plan Director de Seguridade en Centros Educativos da que forman parte representantes da Delegación do Goberno, a Policía Nacional, a Garda Civil, a Inspección Educativa da Xunta e do Goberno e a Unidade de Violencia de Xénero da Subdelegación do Goberno.
A reunión celebrouse na Subdelegación do Goberno e contou coa presenza do director da Alta Inspección de Educación do Goberno en Galicia, Manuel Regueiro, e tamén serviu para analizar a marcha das actividades que se desenvolven durante este curso académico en centros escolares da provincia dentro do Plan Director para a Convivencia e mellora da Seguridade nos centros educativos e as súas contornas.
Isabel Rodríguez, que agradeceu o labor que veñen realizando os axentes das Forzas e Corpos da Seguridade do Estado que se ocupan de impartir as charlas educativas e formativas sobre as distintas temáticas incluídas no Plan Director nos distintos centros da provincia, destacou que é a primeira vez que se constitúen as comisións provinciais.
Tamén fixo fincapé a subdelegada no importante incremento do número de vixilancias realizadas durante o ano 2019 pola Policía Nacional e a Garda Civil nos centros educativos da nosa provincia, xa que foron en total 5.679 fronte ás 3.695 do ano 2018. Froito desa labor de vixilancia foron os 4 puntos de venda de droga desactivados nas contornas dos centros escolares.
Pola súa parte, o director da Alta Inspección de Educación en Galicia fixo unha análise pormenorizado dos datos do Plan Director ao longo do ano 2019. Durante o pasado ano, 1.086 centros escolares de toda Galicia participaron nas actividades do Plan Director, o que supón máis do 80% do total de centros. Destes, 216 pertencen á provincia de Lugo, 58 situados nas demarcacións ás que dá servizo a Policía Nacional (Lugo, Monforte e Viveiro) e 158 da Garda Civil. O número total de asistentes a estes cursos foi superior aos 130.000 en Galicia, dos cales 16.000 foron da provincia de Lugo. Estas cifras supoñen un incremento de case o 20% con respecto ao exercizo anterior.
Durante este ano 2019 impartíronse un total de 3.630 charlas en centros educativos da nosa Comunidade, das que 440 corresponderon a centros da provincia de Lugo. Destas charlas destacaron en primeiro lugar as referentes á formación para o uso seguro das novas tecnoloxías (1.465), que supuxeron máis do 40% do total; seguidas das que trataron sobre prevención do acoso escolar (759), violencia de xénero (427), drogas e alcol (396).











López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



