Mondoñedo, 24 de marzo de 2020.- Á vista da grave e excepcional situación provocada pola pandemia causada polo coronavirus, o Concello de Mondoñedo traballa nun paquete de medidas, de contido económico e social, para axudar aos veciños a superar esta difícil conxuntura. Entre outras, procederase á suspensión do cobro de alugueres de locais municipais, entre eles os da Praza da Abastos, durante o tempo de peche obrigado. É a primeira medida, pero nestes momentos o Concello de Mondoñedo traballa na redacción dun plan municipal transversal, en colaboración co resto de Administracións, que contribúa a saír da situación provocada pola crise sanitaria e, especialmente, aos sectores máis afectados.
Ao mesmo tempo, é de destacar que o Concello de Mondoñedo conta cunha ordenanza reguladora das prestacións económicas municipais de emerxencia ou de urxente necesidade, dirixida a paliar situacións carenciais graves que afecten ás necesidades básicas e/ou extraordinarias das persoas residentes e empadroadas en Mondoñedo. Estas prestacións están reguladas na correspondente ordenanza, aprobada en 2018.
Segundo se establece na citada ordenanza, os gastos que poden ser cubertos mediante este tipo de axudas son os seguintes: os derivados das necesidades básicas da vivenda habitual (alugamento, hipoteca ou recibos de subministración e reparacións básicas urxentes); aloxamento alternativo temporal; alimentación; menciñas e outros produtos de carácter sanitario que non cubra o Sistema Público de Saúde; apoio á conciliación familiar e laboral; transporte; calquera outro gasto que non estando recollido nos apartados anteriores e que os traballadores consideren preciso cubrir.
Na citada ordenanza establécese que o período máximo destas axudas será de catro meses, se ben poderanse prorrogar excepcionalmente en casos concretos e debidamente acreditados e xustificados, tanto documental como tecnicamente. A ordenanza recolle que, en ningún caso, a cantidade percibida nun ano pola unidade familiar beneficiaria das axudas comprendidas neste regulamento poderá superar na súa totalidade en dúas veces o IPREM mensual vixente.




















José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
O lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, polo de agora, 2 técnicos, 10 axentes, 15 brigadas, 16 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



