Nota de Prensa
A EXECUTIVA PROVINCIAL DO PSDEG-PSOE DENUNCIA INCREMENTOS NAS LISTAS DE ESPERA, NON SÓ CON RESPECTO A HAI UN ANO, SENÓN A HAI 3 MESES
JOSÉ LUIS DÍAZ FALA DE PORCENTAXES MOI ELEVADOS NAS LISTAS DE ESPERA DE TODA A PROVINCIA. NO HOSPITAL DE BURELA ATA UN 69% EN CONSULTAS DE ESPECIALIDADE E UN 44% EN PROBAS DIAGNÓSTICAS. EN MONFORTE FALA DE ATA UN 171% NAS LISTAS DE CIRUXÍA XINECOLÓXICA E NUN 91% AS DE CONSULTA DE ESPECIALIDADE. DO COMPLEXO XERAL CALDE DI QUE HOUBO UN 90% DE AUMENTO NAS DE CIRUXÍA UROLÓXICA E UN 43% NAS CONSULTAS DE ESPECIALIDADE.
LUGO, 20 DE ABRIL. Dende a Executiva Provincial do PSdeG-PSOE de Lugo din que o aumento das listas de espera sanitarias, con respecto a hai un ano, é unha das consecuencias dos recortes feitos polo goberno de Feijóo na sanidade pública. “O 38 millóns de euros menos no orzamento deste ano; a redución de camas hospitalarias; a eliminación das consultas do centro de Especialidades, da Praza do Ferrol; a supresión do servizo de lavandería do novo hospital e o cobro do parking do novo hospital da capital luguesa son outras das consecuencias da mala xestión desta área”, denuncian.
José Luis Díaz explica que no Hospital de Burela, por exemplo, incrementáronse nun 12% as listas de espera de cirurxía xeral e dixestiva, oftalmoloxía, traumatoloxía e xinecoloxía. En consultas de especialidades a subida foi dun 69%, no conxunto, en cirurxía xeral e dixestiva, cardioloxía, alergoloxía, dermatoloxía, dixestivo, endocrinoloxía, hematoloxía clínica, nefroloxía, neumoloxía, obstetricia, oftalmoloxía, otorrinolaringoloxía, rehabilitación, reumatoloxía, traumatoloxía e uroloxía. En probas diagnósticas houbo un aumento do 44% en radioloxía convencional, radioloxía de mama, resonancia magnética, ecografía xinecolóxica, ecografía xenito-urinaria, ecografía vascular, endoscopia dixestiva, exploracións oftalmolóxicas e estudos cardiolóxicos.
Con respecto ao Hospital de Monforte o secretario da área de Sanidade destaca o crecemento das listas de espera cirúrxicas de traumatoloxía nun 25% e de xinecoloxía un 171%. Medraron, tamén, segundo engade Díaz, ata nun 91%, no seu conxunto, as listas de espera de consultas de especialidades de cardioloxía, cirurxía xeral e dixestiva, dermatoloxía, dixestivo, hematoloxía clínica, medicina interna, neumoloxía, neuroloxía, obstetricia, otorrinolaringoloxía, rehabilitación e reumatoloxía. En probas diagnósticas a cifra acada o 48% no en radioloxía convencional, TAC, resonancia magnética, ecografía xenito-urinaria, ecografía de mama, endoscopia dixestiva, ecografía músculo-esquelética e ecografía vascular.
Por último, o socialista detalla que no complexo Hospitalario Xeral-Calde, tomando como referencia o 2009, houbo un incremento dun 37% nas listas de cirurxía xeral e dixestiva, un 90% nas de uroloxía. E con respecto a hai tres meses disparáronse as cifras das listas de cirurxía vascular, cirurxía xeral, oftalmoloxía e uroloxía. Así mesmo, fala de que experimentaron aumentos as listas de espera de consultas de especialidades. En concreto, e nun 43%, no seu conxunto dende hai un ano: anxiloxía e cirurxía vascular, cardioloxía, cirurxía plástica e reparadora, dermatoloxía, endocrinoloxía, otorrinolaringoloxía, psiquiatría, traumatoloxía, uroloxía e xeriatría. En probas diagnósticas subiron, nun 38%, en radioloxía convencional, ecografía abdominal, ecografía xenito-urinaria, ecografía músculo esquelética, ecografía obstétrica, ecografía tiroidea, ecografía vascular e ecocardiografía.





















As fotografías empregadas serán de uso interno e non se publicarán nin compartirán en redes sociais nin en internet. A actividade está aberta tamén a nenos e nenas doutros concellos.
Ademais da intervención arqueolóxica de 2026, o Concello achega 7.500 euros para restaurar a cabaña C-2, lembrando que “Seguimos apostando por el patrimonio arqueológico y el desarrollo arqueológico del concejo”. Tamén se mellorou o acceso ao xacemento, e o castro consolídase como un recurso turístico en crecemento, clave para avanzar na desestacionalización.
Entre as 10:00 e as 14:00 horas haberá arredor dunha decena de postos con produtos agroecolóxicos e de proximidade, ademais dun punto informativo para persoas interesadas en emprender no sector e actividades infantís. A alcaldesa Marta Rouco destaca que a feira busca dar vida ao centro da vila e visibilizar o rural como espazo de emprendemento, mentres que a concelleira Paula Vigo salienta a colaboración con A Estruga para ampliar a oferta habitual do mercado. O Concello anima á veciñanza a achegarse e coñecer os proxectos participantes.
Nesta ocasión, o grupo desprazouse ata A Pontenova para realizar un percorrido de 17 quilómetros que combinou a Ruta dos Fornos, a Ruta do Ferrocarril e a Ruta do Muiñeiro Namorado. A actividade, de dificultade baixa, iniciou o seu percorrido na Praza dos Fornos da Pontenova e rematou en San Tirso de Abres.
A programación do último trimestre inclúe Maiores con Arte, Moito máis que café, Entre risas e animación domiciliaria. Tras os obradoiros iniciados en maio, o Concello mantén o contacto cos participantes e leva as propostas ás asociacións para facilitar novas incorporacións. Na presentación explicaranse as formas de participación e os servizos dispoñibles. O programa conta co apoio da Consellería de Dereitos Sociais e Benestar do Principado de Asturias.
O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.
O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.



