Ribadeo, a 22 de maio de 2020.- O Grupo Municipal do Partido Popular, da man da súa edil Elena Sierra, denuncia que, unha vez máis, “ a falta de planificación” do goberno local provoca que Ribadeo “estea abandonado”, debido a que o Concello, a pesares de estar a piques de entrar nos meses de verán, aínda non acometeu os traballos de limpeza e desbroce.
“Por este lamentable estado no que se atopa a nosa vila”, indican, será preguntado o rexedor no vindeiro Pleno que celebrará a Corporación. E é que, destaca Sierra, o nacionalista “ten que exercer a súa responsabilidade”. “Pedirémoslle que traballe algo máis, xa que, a estas alturas, tanto as zonas verdes urbanas, como todo o rural, están cheos de maleza; situación que non podemos permitir e consideremos inaceptable”, remarca a popular.
“Isto é o resultado dun goberno que non traballa. Cando xa deberiamos ter un Ribadeo limpo e rozado, está totalmente abandonado. As zonas recreativas están sen limpar, as estradas municipais tamén; o que fai, indica a edil, que nos amosemos moi críticos coa xestión do alcalde que demostra, di, que está a todo menos ao que ten que estar”.
E é que, apuntan que, cando se iniciou a fase 1 da desescalada, “tiña que estar todo en perfecto estado”. “Os veciños e veciñas poideron comprobar a situación a que nos estamos a referir: estado lamentable do Paseo das Aceñas (incluso se pechou para acometer os traballos de limpeza), accesos as beirarrúas da ponte sobre a circunvalación da estrada que vai da Fonte do Cobo a Ove; áreas recreativas das parroquias, etc; unha situación que se debe a que o Concello aínda nin elaborou nin puxo en marcha un Plan Municipal de Residuos e Limpeza viaria e das áreas recreativas e espazos de lecer para os 365 dias do ano como lles levamos reclamando dende o inicio da lexislatura… Xa fai un ano, claro que, o medio ambiente, a pesares de contar cun Delegado con Dedicación exclusiva por primeira vez na historia do Concello, nunca lle preocupou,… aí está o estado ruinoso da Casa da Ría como outra mostra máis do seu nulo traballo”, sentencian.
“Calquera veciño pode corroborar o que dicimos. Ademais, somos a porta de entrada en Galicia do norte peninsular; somos un municipio turístico de referencia e un dos destinos máis solicitados da Mariña pero, sen embargo, a imaxe que ofrecemos por culpa da inacción do nacionalista é a dun pobo descoidado”. Por este motivo, defende Sierra, “pedirémoslle ao alcalde que dea as instrucións oportunas para o desbroce inmediato dos espazos urbanos que tamén son un punto de encontro para veciños e visitantes, así como da zona rural”.























Cómpre sinalar que este produto conta cun distintivo de calidade diferenciada, a Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá, un dos 36 selos recoñecidos en Galicia que amparan a súa excelencia. Neste sentido, a Xunta vén de lanzar a nova marca Aquí Sabemos, coa que se busca reforzar o coñecemento e a identificación por parte dos consumidores dos produtos alimentarios galegos protexidos por figuras de calidade diferenciada.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Están organizadas por Acisa e financiadas pola Área de Medio Rural e Mar da Deputación de Lugo. 25 locais hostaleiros ofrecen tapas e racións en diversas preparacións. Acisa repartiu entre os establecementos 1.100 quilos de mexillóns para esta cita gastronómica. Ata Ribadeo se achegou o deputado Dani García, que estivo xunto á presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, e os concelleiros ribadenses Martín Graña e Vicente Castro.
Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falou coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá. Por diante queda toda unha fin de semana chea de actividades arredor da faba de Lourenzá. Os organizadores animan a acudir a esta cita.
Os asistentes puideron coñecer de preto unha particular viaxe que parte de Ribadeo e percorre Galicia en 37 etapas bordeándoa e combinando ciclismo, patrimonio, cultura e paisaxe. Jorge Justo estivo acompañado polo alcalde de Ribadeo, Dani Vega, e por Pablo Mosquera, ex director do Hospital da Costa (agora Hospital Público da Mariña).
Neste curso a actividade estará dispoñible para as nosas pequenas Xoias e para alumnado externo, cunha sesión semanal, a cargo de Yasmin Toledo e Patrícia Sousa, do equipo de Segunda División. O alumnado poderá escoller o seu horario de adestramento entre os luns (16:00 h.-17:00 h., Vista Alegre) e os venres (19:30 h.-20:30 h., Monte Castelo). A actividade terá un custo de 6€/mes para o alumnado da escola laranxa e 24€/mes para o alumnado externo.