Viveiro, 19 xuño de 2020. “Falando das praias de Viveiro, desde que está na alcaldía a socialista María Loureiro, é realmente certo o de quen te viu e quen te ve, ou tamén o dito de que calquera tempo pasado foi mellor”. Así o asegura o portavoz do PP en Viveiro, Óscar Rodríguez, porque, ao mal estado en que se atopa a praia de Covas, hai que sumar a imposibilidade de acceder á de Sacido, por terceiro verán, porque o Concello, incumprindo a súa obriga de facerse cargo do coidado dos areais, no acaba de reparar as desfeitas que motivaron o seu peche en 2018.
A mediados de agosto de 2018, a prensa deu conta de que dende días atrás estaba pechado o único aceso por terra á praia de Sacido. E a cousa non mellorou nos meses seguintes, porque o propio PP, ao final do pasado mandato municipal, en abril, presentou unha pregunta no Concello na que se interesaba por coñecer se o goberno municipal tiña constancia de que o acceso á praia de Sacido levaba pechado dende o verán do 2018; quería saber tamén se o equipo de goberno tiña algunha previsión para facer as reparacións necesarias e, de ser así, cando pensaba facelas.
Os membros do actual grupo municipal popular de Viveiro, que ten por portavoz a Óscar Rodríguez, comprobaron que, xa case na temporada de verán, o acceso á praia de Sacido segue pechado. Din que non se pode saber realmente a que se debe, porque se houbo desprendementos de terra ou danos na escaleira, non se aprecian a primeira vista porque a zona está cuberta pola maleza.
Óscar Rodríguez insta á alcaldesa a adoptar as medidas necesarias para, ben directamente ben mediante as xestións ante quen sexa preciso, se leven a cabo as obras de reparación e o acceso quede aberto. En opinión de Óscar Rodríguez, “o desinterese que demostra a alcaldesa polas praias é inaudito; agora que teriamos que estar poñendo todo a punto para atraer visitantes, está instalada na inacción total”.



















O acto é aberto a quen queira participar neste recoñecemento. O grupo, con 80 anos de historia e formado por persoas de Figueras, Castropol, Vegadeo e Ribadeo, escolle este ano a Ribadeo para distinguir unha figura local, retomando a liña iniciada hai tres décadas con Luz Pozo Garza. As inscricións están abertas ata o luns 17 de agosto no número 680 13 24 24. Agárdase unha ampla participación.
Ocorreu escasos minutos despois das 15 horas deste domingo, e foron recollidos pola embarcación Salvamar Shaula, de Salvamento Marítimo. Atopábanse subidos a unha balsa inchable na praia de Basteira, na Pedra (Cariño), foron arrastrados pola corrente e eran incapaces de retornar á beira. Dúas persoas metéronse na auga tratando de rescatalos, sen éxito. Ao final, a embarcación de rescate de Salvamento Marítimo recolleu aos menores e levounos ilesos ata o porto de Cariño. Ademais de a Salvamento Marítimo, desde o 112 Galicia informouse ao Servizo de Gardacostas de Galicia e aos axentes da Garda Civil.
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.



