Ribadeo, a 20 de xuño de 2020. O PP de Ribadeo expresa o seu total desacordo coa decisión do goberno municipal de deixar sen efecto a exención de taxas aplicada durante a crise sanitaria, salvo no caso da ocupación de vía pública con terrazas, para as que, por certo, xa ameaza cunha nova normativa. O portavoz popular, Daniel Vega, considera inexplicable esta decisión e pregúntase onde queda a axuda ao comercio e a hostalería, que foi da necesaria colaboración co tecido produtivo para superar as consecuencias económicas da pandemia. É unha medida que nin se consultou, nin moito menos se consensuou, cos sectores produtivos; é unha decisión totalmente unilateral.
Vega di que a decisión do goberno municipal deixa de manifesto a falta de compromiso dos responsables municipais, e, ao mesmo tempo, constitúe unha falta de respecto aos administrados. Nesta liña, indica que “unha vez máis queda claro que o equipo de goberno unicamente pensa en recadar cartos pola vía das taxas e dos impostos. Na actual conxuntura, o alcalde deixa ben claro que só pensa no comercio para cobrar os tributos”.
O mesmo representante do Partido Popular manifesta que é inaudita a présa coa que o goberno local deixa sen efecto medidas que son fundamentais para a recuperación da economía no municipio. Di que hai moitos comerciantes que tiveron que pechar as súas portas e que non ingresaron nada.
Vega sinala: “O grupo municipal do PP, dende o principio da crise, presentou unha proposta para a reactivación da economía en Ribadeo. Dixemos que non se podía cobrar polo IBI, polo lixo e pola ocupación da vía pública, por exemplo, co mercado dos mércores e das fins de semana ata que empezara a recuperación, etcétera. Teño que recordar que fronte á nosa proposta o Bloque votou en contra, pero o PSOE apoiouna”.
O portavoz popular no Concello di que a decisión que critica do goberno local é unha demostración máis da maneira de actuar dun goberno que non fixo nada en plena crise sanitaria e que tampouco fai nada na crise económica. Os populares indican que a inacción dos responsables municipais é tanta que o Concello non destina nin un euro ás familias, “pero iso si, intenta facer súas as axudas da Xunta, polo procedemento do corta e pega dos logos”.























Nesta ocasión, o grupo desprazouse ata A Pontenova para realizar un percorrido de 17 quilómetros que combinou a Ruta dos Fornos, a Ruta do Ferrocarril e a Ruta do Muiñeiro Namorado. A actividade, de dificultade baixa, iniciou o seu percorrido na Praza dos Fornos da Pontenova e rematou en San Tirso de Abres.
A programación do último trimestre inclúe Maiores con Arte, Moito máis que café, Entre risas e animación domiciliaria. Tras os obradoiros iniciados en maio, o Concello mantén o contacto cos participantes e leva as propostas ás asociacións para facilitar novas incorporacións. Na presentación explicaranse as formas de participación e os servizos dispoñibles. O programa conta co apoio da Consellería de Dereitos Sociais e Benestar do Principado de Asturias.
O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.
O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.



