Lugo, 26 de xuño de 2020. Os tres especialistas que participaron hoxe na terceira xornada, desenvolvida telematicamente (www.ppdelugo.es), do ciclo O Reto Demográfico; Máis Rural, Máis Lugo, organizada polo PP lucense, destacaron as oportunidades que se abren para o rural na nova realidade imposta pola covid-19. Cada un deles, dende a longa experiencia acumulada nos seus respectivos campos de traballo, poñen de manifesto a necesidade de proceder ás necesarias adaptacións administrativas e infraestruturais ao novo paradigma, facilitando as infraestruturas e os cambios burocráticos precisos para que emprendedores e empresarios poidan levar a cabo os seus proxectos na zona rural. A presentación dos relatores correu a cargo da presidenta provincial do PP de Lugo, Elena Candia.
O empresario lucense Ramón Alonso (Cafés Candelas) centrou a primeira parte da súa intervención en facer un resumo da historia e evolución da empresa que pilota, unha firma familiar con xa longa traxectoria, que logrou abrirse un importante oco no sector en España. Explicou algúns factores claves na evolución da empresa, sempre desde o punto de vista da súa ubicación nunha cidade periférica. Así, foi expoñendo como dende unha situación en principio desfavorecida evolucionou positivamente grazas a unha visión moito más ampla que a de competidores teoricamente mellor situados. Avanzando nesta liña argumental, reclamou atención para as zonas máis deprimidas demograficamente, porque contra todo pronóstico poden ser o berce de exitosos proxectos emprendedores e empresariais.
A profesora universitaria e presidenta da asociación España Creativa, Belén Elisa, di que a nova realidade imposta pola covid-19 esixe redeseñar o futuro e comprender as novas dinámicas urbanas e territoriais; un cambio irreversible nos factores estratéxicos de calidade de vida e nos modos de produción e consumo, un escenario mutante no que se intúe un éxodo das grandes cidades ao mundo rural. Está a construírse unha nova ruralidade, froito das complexas relacións entre o campo e a cidade, con marxes cada vez máis difusos e unha nova xeografía da creatividade tamén máis dispersa, non só concentrada nas cidades senón tamén no mundo rural. Creatividade e innovación son os recursos que, unidos a unha nova mirada á Natureza, van permitir reinventar o campo. As industrias creativas, en opinión de Belén Elisa, abren novas oportunidades de negocio, que diversificarán e incrementarán o emprego rural. Destaca o patrimonio, tanto material como o inmaterial e a súa relación co desenvolvemento rural e o turismo, así como as artes escénicas ou audiovisuais. Igualmente, falou de resignificar o mundo rural, eses espazos baleiros, construcións abandonadas, eses universos cheos de historias que descubrir e salvagardar, un espazo para compartir experiencias e coñecementos que abarcan –dixo- desde a experimentación artística ao traballo da terra.
Lidia Díaz, presidenta da Asociación Española contra la Despoblación, indicou que os pobos de Lugo, a cultura galega, as terras, os montes e os bosques, son un referente para España. Dixo que as mulleres e homes galegos que se viron obrigados a emigrar deben ser postos como exemplo, non de emigración, senón de fortaleza e valor. Afirmou que a asociación que preside é consciente de que en Lugo hai moitas oportunidades de fixar poboación e atraer novos e novas poboadoras. É necesario conseguir internet de calidade, con velocidade estable que chegue a todos os pobos e aldeas; estradas que comuniquen os centros de saúde e os centros de educación. Os alcaldes e alcaldesas teñen que entender -apuntou- que sen substitución xeracional os seus pobos van desaparecer, como xa está a ocorrer. Destacou a urxencia de simplificar a burocracia e imprimir rapidez aos permisos para permitir a emprendedores e empresas comezar a traballar no mundo rural aproveitando e xerando ecosistemas sostibles das súas terras, os seus montes e as súas aldeas.
Pola súa parte, a presidenta provincial do PP, Elena Candia, cabeza de lista do partido por Lugo ás eleccións autonómicas, destacou unha vez máis que a sociedade lucense ten manifestada a súa fonda e sincera inquedanza pola perda de habitantes de amplas zonas da provincia. Tamén, dixo, “no Partido Popular estamos seriamente preocupados polo que consideramos un dos principais problemas da nosa provincia e por iso tomamos a iniciativa e queremos buscar solucións”. Apuntou que afrontar o reto demográfico é unha cuestión de Estado, na que teñen que implicarse, ademais da Administración xeral do Estado, as administracións locais e autonómicas. Destacou que a Xunta fixo un amplo e eficaz traballo neste campo durante os mandatos do presidente Núñez Feijóo, ata o punto de, como titulou a conselleira de Política Social, Fabiola García, á conferencia coa que comezou o pasado febreiro o ciclo O Reto Demográfico; Máis Rural, Máis Lugo, “facer de Galicia o mellor lugar para formar unha familia”.























Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falará coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá.
As fotografías empregadas serán de uso interno e non se publicarán nin compartirán en redes sociais nin en internet. A actividade está aberta tamén a nenos e nenas doutros concellos.
Ademais da intervención arqueolóxica de 2026, o Concello achega 7.500 euros para restaurar a cabaña C-2, lembrando que “Seguimos apostando por el patrimonio arqueológico y el desarrollo arqueológico del concejo”. Tamén se mellorou o acceso ao xacemento, e o castro consolídase como un recurso turístico en crecemento, clave para avanzar na desestacionalización.
Entre as 10:00 e as 14:00 horas haberá arredor dunha decena de postos con produtos agroecolóxicos e de proximidade, ademais dun punto informativo para persoas interesadas en emprender no sector e actividades infantís. A alcaldesa Marta Rouco destaca que a feira busca dar vida ao centro da vila e visibilizar o rural como espazo de emprendemento, mentres que a concelleira Paula Vigo salienta a colaboración con A Estruga para ampliar a oferta habitual do mercado. O Concello anima á veciñanza a achegarse e coñecer os proxectos participantes.
Nesta ocasión, o grupo desprazouse ata A Pontenova para realizar un percorrido de 17 quilómetros que combinou a Ruta dos Fornos, a Ruta do Ferrocarril e a Ruta do Muiñeiro Namorado. A actividade, de dificultade baixa, iniciou o seu percorrido na Praza dos Fornos da Pontenova e rematou en San Tirso de Abres.
A programación do último trimestre inclúe Maiores con Arte, Moito máis que café, Entre risas e animación domiciliaria. Tras os obradoiros iniciados en maio, o Concello mantén o contacto cos participantes e leva as propostas ás asociacións para facilitar novas incorporacións. Na presentación explicaranse as formas de participación e os servizos dispoñibles. O programa conta co apoio da Consellería de Dereitos Sociais e Benestar do Principado de Asturias.
O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.



