A Mariña, 27 de xuño, 2020. O conselleiro de industria, Francisco Conde, pediu este sábado a Alcoa que retire o ERE, e ao goberno central que volte ao diálogo na mesa industrial. Conde afirmou que a Xunta seguirá ofrecendo propostas concretas e buscando entendemento co goberno e a multinacional. O conselleiro en funcións apuntou que os contratos bilaterais e os fondos de garantías son medidas a medio/longo prazo nos que a Xunta quere implicarse. Outra aportación serían os propios préstamos participativos da Xunta, ademais dos fondos europeos para empresas electrointensivas, mais todo isto precisa dunha resposta inmediata en canto ao prezo enerxético, polo que instou unha vez máis ao goberno a que favoreza unha poxa de ininterrumpilidade e a aprobar o clamado estatuto de electrointensivas
Conde pide a Alcoa que retire o ERE e ao goberno central que volte ao diálogo na mesa industrial
Conde pide a Alcoa que retire o ERE e ao goberno central que volte ao diálogo na mesa industrial
Relacionado
-
Presentado o cartel do IX Ribadeo Indiano, que se celebrará do 12 ao 14 de xullo
-
O BNG reclama máis garantías para ditaminar o baleirado sanitario das granxas e maiores indemnizacions para as gandeirías afectadas
-
O PP lamenta a negativa de PSOE e BNG a impulsar solo industrial na provincia: “seguen poñendo paos nas rodas á xeración de emprego e riqueza”