Ribadeo, 25 de setembro de 2020. O Grupo do Partido Popular de Ribadeo considera que a ordenanza para a conciliación municipal discrimina ás familias que teñen os seus fillos escolarizados no colexio Sagrado Corazón, xa que, indica Begoña Sanjurjo, “son susceptibles de subvención por parte do Concello os servizos Bos Días e Boas Tardes do Gregorio Sanz pero non o é o madrugador do colexio concertado”. Esta circunstancia é a que levou aos populares a absterse na votación, pois, defenden, que se poden mellorar para favorecer a máis unidades familiares.
Asemade, preguntado o equipo de goberno polas axudas establecidas pola entidade local para os centros escolares, Sanjurjo critica que o alcalde só contestase que non teñen competencia, excepto coa Escola de Música, na que está adaptando o protocolo da consellaría de Educación, e o Gregorio Sanz, onde están a levar cabo labouras de conservación e de mantemento. “Ao resto dos centros non se lles prestou ningunha axuda para a preparación da volta ás clases”, remarca a popular.
Escolas deportivas
O Grupo Municipal do Partido Popular ribadense tamén se interesou polo desenvolvemento das escolas deportivas, que están suspendidas. A este respecto, a contestación do equipo de goberno tampouco foi “alentadora”, senón que “deixou claro, apunta Sanjurjo, que non teñen prevista ningunha adecuación para poñelas en funcionamento”.



















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



