Viveiro, 02 de outubro de 2020. O grupo municipal do PP, á vista do gran número de solicitantes que poden quedar excluídos das axudas para autónomos, microempresas e pequenas empresas, etcétera, convocadas polo Concello de Viveiro, co fin de axudar a superar as dificultades económicas xeradas pola pandemia de covid-19, reclama do goberno municipal, presidido pola socialista María Loureiro, que recapacite e revise as condicións esixidas.
Para o PP, está claro que o feito de que decenas e decenas de solicitantes non puideran aportar toda a documentación requirida polo Concello para as citadas axudas pon de manifesto que as bases da convocatoria non se axustan á realidade, e, polo tanto, é preciso revisalas. Os concelleiros populares recoñecen que pode haber algúns solicitantes que estean en condiciones de aportar a documentación que non presentaron inicialmente, pero a maioría terá problemas. O portavoz municipal do PP, Óscar Rodríguez, sinala: “Houbo moitos autónomos que, sen estar incluídos entre os que tiñan que pechar porque así se lles ordenaba, tiveron igualmente que baixar a rexa porque non podían operar. Non pode ser que todos estes profesionais queden sen recibir a axuda do Concello; hai que buscar a maneira de corrixir esta situación”.
O problema ao que agora se enfrontan o Concello e os solicitantes das axudas que se encontran sen maneira de aportar a documentación que se lles esixe prodúcese –di Óscar Rodríguez- porque, como é habitual, o goberno municipal de Viveiro non quixo contar coa opinión do grupo do Partido Popular á hora de elaborar as bases desta convocatoria. “Unha e outra vez cae o grupo da señora Loureiro no mesmo erro e, así, unha e outra vez saen prexudicados os veciños de Viveiro, como se está a ver unha vez máis”, di Rodríguez.


















A clínica focense comprométese coa entidade laranxa e segue garantizándonos o bo estado de saúde dos nosos dous planteis.
Na reunión tratáronse as principais necesidades do municipio e exploráronse posibles vías de colaboración desde a Xunta para levar a cabo iniciativas conxuntas, no marco do compromiso do Goberno galego co eido local.
Xunto aos asistentes estiveron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Benestar Social, Elena Sierra, que lles agradeceron que escolleran a vila ribadense para a celebración deste encontro.
Á tarde foi a sesión regato nas Escolas vellas de Cervo da man de Caxoto coa colaboración de Tarabela Creativa e Airiños do Xunco. Pola noite foi a quenda da sesión Río para público adulto no local Social da asociación de veciños do Burgo de Trasbar da man de Dani Blanco.
Félix Jorquera entrevistou ao alcalde, Fran Cajoto; ao concelleiro de Relacións Institucionais, Comunicación e Coordinación de Axenda 2030, Carlos García; os presidentes do CB Celtas de Foz e do CD Foz, Carmen Alonso e Asier Burundarena; e á dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo un balance do verán, que está a piques de rematar, e que foi moi positivo para Foz, segundo subliñaron os participantes, analizou os proxectos para os vindeiros meses e pulsou o deporte local.
Convida a retomar unha vida activa tras o verán facilitando a inscrición con matrícula gratuíta e, para os máis indecisos unha proba de 3 días gratis para coñecer o centro deportivo e os seus servizos.
Unha selección de obras cheas de cor, creatividade e expresividade de Xosé López Losada "Xolo". Unha viaxe artística a través de máis de 70 cadros, onde cada peza conta a súa propia historia. Poderá visitarse ata o 30 de setembro.



