Burela, 3 de outubro, 2020. O Pescados Rubén Burela FS estreou hoxe a liga ao grande, con máis de tres puntos, nunha vitoria clara ante un gran Jimbee Cartagena (5-2). Os pupilos demostraron alma, carácter e orde, ademais de saber sufrir en determinados momentos. Tras a vantaxe de 2-1 ao descanso, os galegos deron un golpe de autoridade ao regreso e aplicáronse cunha defensa solidaria ante o potencial do rival, aumentando en confianza co acerto sobre a rede en dobre diana no 33. Os de Duda só atoparon portería despois de tres dobres penaltis.
Edu evitou a primeira tentativa rival ante Fernández. E apareceu a oportunidade dos laranxas; avisou con moito perigo Matamoros no minuto 4 e pouco despois foi Lucho o que puxo a proba a Chemi nun man a man. No 8, as máis de 200 almas que arrouparon o Pescados Rubén celebraron a iniciativa burelista coma se a Bomboneira estivese a desbordar, na finalización de Quintela desde Pitero, na banda. Edu parou a seguinte arremetida, de Juan Emilio, pero nada puido facer coa segunda; así subía o empate do 23 visitante. Quintela devolveu a vantaxe aos galegos coando ao segundo pau e de cabeza o pase da Xoia canaria, Javi Rodríguez.
Parecía empezar forte Jimbee, con recepción de Solano que lla serviu a Bebe, pero aí estaba Edu para sacar un pé de ouro. No entanto foi Pitero o que perforou de novo a rede, asistido por 7 burelista. Mellado avisou para os de Cartaxena dando no traveseiro pero o 3-1 mantívose a salvo. No 26 dispuxeron de superioridade tras a expulsión de Juan Emilio por darlle un cabezazo a David Pazos, aínda que non puideron aproveitar os do Mariskal para o cuarto. Ofreceu unha defensa infranqueable a escuadra burelista; a punto estivo de reducir Solano chegando ao ecuador, pero Javi Rodríguez salvouna na liña. Edu tívose que aplicar máis a fondo e mostrou unha versión soberbia.
Os laranxas, moi finos, volveron aproveitar as súas ocasións. No 33, a maxia de Matamoros fixo acto de presenza para finalizar unha incursión de Quintela. Minuto de infarto viviu Vista Alegre, tivo a oportunidade Jimbee de reducir en dobre penalti, pero o lanzamento de Andresito converteuse nunha grande escapada de Iago Míguez que cazou Lucho para o 5-1.
Con cinco e medio por diante Cartagena tamén cumpriu coas faltas. Pouco despois optaron os de Duda por xogo de cinco, con Bebe, a pola remontada, e máis tarde co propio Chemi. Respondeu Burela con Javi Rodríguez tamén como porteiro xogador; tivo o sexto Pitero a porta baleira no 37. Viviu unha recta final Vista Alegre coa expulsión de Matamoros; o Jimbee tivo outras dúas tentativas de pena máxima ante Edu, volvendo facer gala do seu brillo con luz propia. Foi na cuarta tentativa cando chegou o definitivo 5-2, con Bebe, a 47 segundos da bucina.
Ficha técnica
Pescados Rubén Burela FS: Edu, Iago Míguez, Javi Rodríguez, Matamoros, Renato, cinco inicial; Lucho, David Pazos, Álex Diz, Quintela, Pitero, Giasson
Jimbee Cartagena FS: Chemi, Franklin, Bebe, Solano, Fernández, cinco inicial; tamén xogaron Jesús, Mellado, Marinovic, Juan Emilio, Lucão, Andresito
Goles: 1-0, minuto 8, Quintela; 1-1, minuto 9, Juan Emilio; 2-1, minuto 17, Quintela; 3-1, minuto 22, Pitero; 4-1, minuto 33, Matamoros; 5-1, minuto 33, Lucho; 5-2, minuto 40, Bebe ( dp)
Árbitros: Gallo Suárez // Hevia Campa. Por Burela dobre amarela para Matamoros (minuto 38). Por Cartagena vermella a Juan Emilio (minuto 26), amarela a Solano (minuto 29)
Incidencias: Partido correspondente á xornada 1 de Primeira División RFEF disputado no pavillón Vista Alegre de Burela, con aforo completo máximo permitido de 300 persoas.


























Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falou coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá. Por diante queda toda unha fin de semana chea de actividades arredor da faba de Lourenzá. Os organizadores animan a acudir a esta cita.
Os asistentes puideron coñecer de preto unha particular viaxe que parte de Ribadeo e percorre Galicia en 37 etapas bordeándoa e combinando ciclismo, patrimonio, cultura e paisaxe. Jorge Justo estivo acompañado polo alcalde de Ribadeo, Dani Vega, e por Pablo Mosquera, ex director do Hospital da Costa (agora Hospital Público da Mariña).
Unha peza de teatro físico e manipulación de obxectos para público infantil e familiar que aborda a meta máis soñada polo ser humano: voar sen ás. Venda de entradas: no teléfono 982560162, en horario, de 9 a 14,00 horas, ou no correo electrónico cultura@viveiro.gal ou na taquilla unha hora antes da función. A cita será ás 18h.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Neste curso a actividade estará dispoñible para as nosas pequenas Xoias e para alumnado externo, cunha sesión semanal, a cargo de Yasmin Toledo e Patrícia Sousa, do equipo de Segunda División. O alumnado poderá escoller o seu horario de adestramento entre os luns (16:00 h.-17:00 h., Vista Alegre) e os venres (19:30 h.-20:30 h., Monte Castelo). A actividade terá un custo de 6€/mes para o alumnado da escola laranxa e 24€/mes para o alumnado externo.
Un particular informou minutos despois das 11 horas deste xoves dun camión que transportaba formigón envorcado no quilómetro 68 da N-640, á altura da parroquia de Ramil (Castro de Rei). Segundo explicou o mesmo alertador, o condutor permanecía no interior da cabina e outros dous turismos estaban implicados no accidente. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitouse a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Garda Civil de Tráfico, dos Bombeiros de Vilalba e dos servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros confirmaron que non tiveron que excarcerar, pois a persoa estaba xa fóra do vehículo cando chegaron ao punto. Así, colaboraron na limpeza da vía cos servizos de mantemento da estrada.
Ademais da intervención arqueolóxica de 2026, o Concello achega 7.500 euros para restaurar a cabaña C-2, lembrando que “Seguimos apostando por el patrimonio arqueológico y el desarrollo arqueológico del concejo”. Tamén se mellorou o acceso ao xacemento, e o castro consolídase como un recurso turístico en crecemento, clave para avanzar na desestacionalización.
