Burela, 8 de outubro, 2020. Os socios 2020-21 que non tiveron a oportunidade de conseguir o seu abono no prazo anterior poderán optar agora a un dos 50 abonos dispoñibles para Primeira Feminina. A formalización tramitarase exlclusivamente na oficina dende o vindeiro martes, 13 de outubro, e farase por rigorosa orde de solicitude.
Os abonad@s terán dereito á selección do asento para a toda a tempada, en función da dispoñibilidade actual. Á zona de bancada alta aplicaráselle un 15% de desconto sobre o importe.
Prezos 2020-21
Abono Primeira Feminina: 80 euros (+20 euros de soci@)
Os abonos serán sempre nominativos e poderán deixarse a disposición do club no caso de que non se faga uso deles, con desconto de 5 euros en cada partido ata un 70% do importe do abono.
Horario de atención: De luns a xoves 10.00-14.00 // 16.30-19.00
Venres 10.00-14.00























López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
