Viveiro, 22 de outubro de 2020. A Xunta de Galicia destina 32.200 euros ao concello de Viveiro para a contratación de tres traballadores desempregados que estean a percibir a Renda de Integración Social de Galicia (Risga).
O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, explicou que a Consellería de Emprego e Igualdade vén de redistribuír os remanentes deste programa de axudas así como do Aprol Rural logo de que se produciran renuncias noutros municipios. “Reasignamos de novo as contías antes de pechar o exercicio orzamentario para non perder ese investimento”, apuntou.
Arias lembra que o Goberno galego xa aclarou no seu momento que Viveiro quedara fóra da primeira resolución porque presentaron a documentación o último día de prazo, cando a convocatoria establecía claramente a prioridade por orde de entrada para optar ás axudas.
Con esta nova concesión, na Mariña reciben apoio todos os concellos que o solicitaron, impulsando un total de 24 contratos cun orzamento de máis de 291.000 euros. Ademais de Viveiro, obtiveron axuda na convocatoria 2020 os municipios de Xove (1 contrato), Cervo (2 contratos), Ribadeo (5 contratos), Mondoñedo (1 contrato), Foz (5 contratos), Barreiros (2 contratos), Burela (5 contratos).
O número de contratacións distribúese de xeito obxectivo en función do número de perceptores da Risga que residían no municipio a data 31 de decembro de 2019.

















O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
O lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, polo de agora, 2 técnicos, 10 axentes, 15 brigadas, 16 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
Esta cita, xa consolidada dentro da programación estable do centro, permitirá ao público gozar dunha mostra do traballo artístico e formativo desenvolvido ao longo do curso polo alumnado da especialidade. A actividade constitúe unha oportunidade para achegar a danza á cidadanía e poñer en valor o esforzo, a dedicación e a evolución das alumnas e alumnos participantes.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reuniu máis de 130 palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García entregou os premios da proba, na que Club Fluvial de Lugo, Cidade de Lugo e Altruán coparon o podio por equipos. A Copa Deputación de Piraguismo, que conta de 6 regatas, organízase no marco da colaboración que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo mantén coa Federación Galega de Piragüismo para a promoción deste deporte, ofrecendo aos clubs a posibilidade de participar en competicións federadas nas súas comarcas e contribuíndo así á consolidación de equipos de base.



