Ribadeo, 17 de decembro de 2020. A concelleira de Igualdade, Mariluz Álvarez Lastra, fíxolle entrega á atleta ribadense Ana Ferrádas da réplica da placa que leva o seu nome e que se vai colgar na porta da aula de 6º de Educación Infantil do Colexio Público Gregorio Sanz e dun exemplar do xogo A Tribo en recoñecemento pola súa traxectoria no eido deportivo, como adestradora e atleta que acadou varias medallas e triunfos.
A edil ribadense explicou que “Eu quero ser coma é un proxecto da Concellaría de Igualdade de Ribadeo que naceu coa finalidade de visibilizar ás mulleres e os seus logros ao longo da historia, os cales foron ocultados, silenciados como se elas non existisen. Foron 38 as persoeiras elixidas coas que se traballou nas aulas, investigando sobre elas e afondando nos seus logros e achegas á sociedade”.
Álvarez Lastra sinalou que “mediante representacións teatralizadas, a través dos Viaxes no tempo, o alumnado desde Infantil ata sexto de Primaria dos Colexios Gregorio Sanz e Sagrado Corazón de Xesús tiveron contacto con persoeiras de diversos ámbitos (música, pintura, ciencia, literatura, deporte, etc), algunhas delas orixinarias da Mariña coma Maruxa Mallo, outras galegas como a primeira muller futbolista: Irene González, ou a primeira astrónoma galega: Antonia Ferrín, e outras de ámbito internacional como a cantante Violeta Parra, a precursora do wifi: HedyLamarr, etc. No momento no que os grupos atravesaban as portas, deixaban de estar no 2020 para remontarse a outros anos, e poder disfrutar das anécdotas e das aventuras contadas de primeira man por mulleres que aínda hoxe son recordadas polo seu papel na historia, pese a que nun primeiro momento a maioría sufriron moitas trabas para poder chegar onde chegaron, pola condición de ser mulleres”.
A concelleira de Igualdade engadiu que “os seus nomes bautizarán as aulas de Primaria e Infantil do Colexio Público Gregorio Sanz e do Colexio Sagrado Corazón de Xesús. Editáronse unhas placas co nome e unha ilustración de cada unha delas realizadas polo alumnado de 3º e 4º da ESO do IES de Ribadeo Dionisio Gamallo, de educación plástica, visual e audiovisual. Rúas, prazas e as aulas dos centros educativos levarán nome de muller en Ribadeo. Trátase dun paso máis na feminización dos espazos no noso concello”.
Mariluz Álvarez Lastra dixo que “dentro desas 38 persoeiras incorporamos aquelas mulleres que destacaron e que ademais son orixinarias da nosa vila como a farmaceútica Manuela Barreiro, a deportista Ana Ferradás ou as músicas Meniñas da Saudade, elas non podían faltar. E como culme deste proxecto colaborativo e participativo deseñouse o xogo de cartas feminista A tribo, un xogo no que as persoeiras identificáronse coa cor correspondente ao seu campo profesional (arte, literatura, deporte ou ciencia) e levarán na marxe unha bandeira indicando a territorio de nacemento das diferentes mulleres. E nesas cartas tamén están as ribadenses”.
























O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



