Burela, 8 de xaneiro, 2021. A Deputación Provincial a través da Área de Cultura e a Delegación Municipal de Cultura do Concello de Burela presentan o espectáculo de FRAN REI “Superheroe”. O vindeiro sábado ás 18:30 horas no auditorio da Casa da Cultura, a entrada será libre para todos os públicos.
SUPERHEROE…
En ausencia, por motivos laborais, de Supernai, o noso Superheroe deberá salvar a humanidade de terribles ameazas, sen esquecer a conciliación. Así, deberá loitar contra perigosos axentes malignos mentres prepara as merendas, pon unha lavadora ou cambia un cueiro. E todo, no axustado tempo que lle deixa a apertada axenda de actividades extraescolares dos seus fillos.
Unha desventura cómica que bebe tanto das grandes e populares producións cinematográficas de superheroes, tan de moda nos últimos anos, como da apaixonante experiencia persoal da paternidade, que pretende ser unha sentida e sincera homenaxe a todos e todas @s superheroes e superheroinas que, día a día , nos fan a vida máis doada, máis fermosa e máis feliz.

























Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será na Igrexa de Santa María ás 20:30 h. Debido ao aforo limitado e ao cumprimento da normativa vixente, editaranse entradas que se repartirán no acceso da igrexa o propio día do concerto, onde tamén se realizará o control de acceso.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.



