A Carta Magna outorga relevancia ás organizacións de empresarios e empresas, as patronais. E non só a importancia de ser citados na principal regra xurídica. Dálles no artigo 7º a razón e o sentido de ser: “Contribuír á defensa e promoción dos intereses económicos e sociais que lle son propios” é dicir ao avance da sociedade defendendo os seus intereses de algún xeito son de todos. É isto así? Desde logo en Galicia non.
Ao amparo do marco constitucional nace en Galicia no 1981 a CEG para “a defensa dos intereses do empresariado galego ante as administracións, organismos e axentes sociais” como cita na súa páxina corporativa. Un interlocutor do agora chamado dialogo social. Xa a frase “defensa dos intereses ante” intrica na raíz constitucional, porén na CEG obvian a segunda parte do artigo 7, promoción tamén no eido social.
Era lóxico, na transición, regular no curto artigo 7 unha protección aos sindicatos e en boa lóxica ás patronais, estaba todo por construír e dotar de contido.
Mais a miña dúbida é. Hoxe precisamos a referencia constitucional aos sindicatos e patronais? Son hoxe os interlocutores precisos? Na miña opinión non. Hoxe son na maioría dos organizacións enormes lastradas pola débeda e a mala administración, en moitos casos sobre-dimensionadas e lonxe dos movementos sociais. Non se pode funcionar so contexto actual con organizacións fondeadas nos anos 80 do século XX. Mais o fallo non é o sistema, é a falta de adaptación á realidade, é certo que con excepcións, máis grave agora co cambio de paradigma que trae a COVID-19.
Galicia como País precisa dunha patronal forte e moderna, ou cando menos de entes empresariais que provoquen o avance social, que marquen a senda da inversión pública traballando a anos vista. Iso non é quen de facelo o modelo da CEG, permanentemente en crise de identidade e sen proxecto de País, sen proxecto de Galicia, subsistindo unicamente para ser parte do dialogo social e do reparto de formación como unha sorte de xestoría.
Pouca fe teño no novo proceso da CEG, terá dirección e deséxolle sorte, mais estou seguro de que seguirán cos vellos métodos de ser unicamente unha pata do desfasado modelo tripartito de negociación, que fai que calquera movemento dinámico e de sinerxía no eido empresarial fuxa rapidamente dos marcos administrativos ríxidos do mundo tripartito, ogallá me trabuque.
Está é unha proba máis de que a Constitución Española ten que ser adaptada ao novo marco de relacións en moitos campos: políticos, sociais, laborais e mesmo dixitais. Reflexiónemos, dende a COVID temos cada vez máis vida dixital, incluído teletraballo, están os dereitos de cada quen neste campo amparados pola CE?
Sorte a CEG, pero coido que eran mellor novos tempos e novas opcións, que se cadra xa están, pero que precisan dun impulso desde a administración que acredite en entrar no século XXI.
Piñeiro Docampo,
Sº XERAL DE CxG
MEMBRO DO CONSELLO DO PARTIDO DEMÓCRATA EUROPEO





Trátase dunha iniciativa que favorece a colaboración entre o tecido asociativo e o voluntariado para mellorar e conservar as contornas naturais do municipio. Os traballos centráronse na limpeza deste espazo costeiro, contribuíndo ao seu coidado e á conservación do medio natural. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, achegouse ata a praia para acompañar as persoas participantes nesta iniciativa agredecendo a implicación de Mistura de Lieiro e das persoas voluntarias que participaron nesta xornada, contribuíndo, coa súa colaboración, a manter limpos e coidados os espazos naturais de Cervo.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.



