Nota de Prensa
GRUPO MUNICIPAL POPULAR DE BURELA
O GMPP vé positivo que, un ano despois, se asine un novo convenio de persoal.
Os populares din que o alcalde incumpliu o convenio anterior.
O GMPP de Burela afirmou hoxe mediante unha nota de prensa que considera positivo que se veña de formalizar, ainda que un ano despois, un novo convenio de persoal para o concello de Burela, ainda que non entra a valorar os termos do acordo. O PP lembra que o anterio convenio foi negociado a principios de dous mil cinco e tamén asinado por todos os sindicatos.
Os populares lembran que o alcalde incumpliu o convenio anterior, que indicaba claramente que tiña que estar redactado e asinado antes do trinta e un de Decembro do ano pasado, para entrar en vigor o día un de Xaneiro do presente ano, o que implicaba un compromiso mutuo de sindicatos e administración de abrir unha nova negocición e darse un prazo para pechala. Para os populares, o alcalde puxo a marcha que nel é habitual, é decir, a corta, e estivo dez meses facendo e decindo que negociaba. Mentres tanto, había negociacións por detrais e ás costas dos sindicatos con determinados traballadares do concello.
Para o GMPP, o alcalde e a súa delegada de persoal quedaron durante esta negociación en entredito, porque, ainda que acadaron o acordo de todos os sindicatos, non é menos certo que estes tiveron que denunciar os documentos en vigor anteriormente para forzar a negociación do novo convenio, á vista do nulo interese demostrado polo alcalde.
O GMPP afirma que hai cuestións sen resolver desde dous mil sete.
Aseguran que a obra de saneamento da Casilla á Marosa segue parada.
Os populares queren saber quen costeou a viaxe e estadía do alcalde e dous concelleiros na Expo de Zaragoza.
O GMPP de Burela afirma que un ano despois ainda hai cuestións sen resolver. Así, afirman que a obra de saneamento da Casilla á Marosa segue parada, no mesmo estado ca hai un ano, polo que no pleno a celebrar hoxe volveranlle a preguntar ó alcalde por esa obra, porque é unha obra do POL de 2006 que tén data de caducida, e se poden perder fondos europeos. Esta obra foi adxudicada pola propia Deputación en aproximadamente cento vinte mil euros, e nin o alcalde nin o bigoberno da Deputación saben darle continuidade á mesma.
Para os populares, esto é unha mostra máis da desidia e pereza con que se toma as cousas o alcalde.
Ademais, os populares preguntarán polo custo da viaxe do alcalde e dous concelleiros máis á Expo de Zaragoza. Como se sabe, nos medios informativos o alcalde pregonou que se ía invitados pola delegación de Cabo Verde. Agora resulta que cada un dos tres representantes do concello de Burela pasan dietas, polo que o PP vén de solicitar acceso á documentación xustificativa de tal gasto.



















O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



